Ribadeo é o primeiro Concello galego en implantar o proxecto Kiva contra o acoso escolar ao mesmo tempo nos centros de primaria e de secundaria. 

Ribadeo é o primeiro Concello galego en implantar o proxecto Kiva contra o acoso escolar ao mesmo tempo nos centros de primaria e de secundaria.

Ribadeo é o primeiro Concello galego en implantar o proxecto Kiva contra o acoso escolar ao mesmo tempo nos centros de primaria e de secundaria. 

A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, contou que “o Concello de Ribadeo implicou aos centros escolares de primaria e secundaria nunha cruzada contra o acoso escolar, a través do programa Kiva, que se implantará no Sagrado Corazón, no Gregorio Sanz, e no IES Dionisio  Gamallo”.

A edil ribadense dixo que “este é un traballo polo benestar emocional e a saúde psicolóxica do alumnado. Cremos que entre todos e todas podemos mellorar a convivencia escolar e previr o acoso nos nosos coles. Esta mellora na convivencia reflectirase nas rúas, nos espazos de lecer dos pícaros e pícaras e por conseguinte na propia vila”. 

Sanjurjo subliñou que “Kiva é o prestixioso programa contra o acoso escolar desenvolvido polo Ministerio de Educación de Finlandia, cuxa eficacia quedou demostrada en rigorosos estudios científicos e que agora está implantado en máis de 30 países de todo o mundo. Ten tres piares que son a prevención, a intervención e o seguimento. Ribadeo é o primeiro Concello de Galicia que fai unha implantación integral en todos os centros de primaria e secundaria ao mesmo tempo”. 

Para a concelleira de Educación “o compromiso dos docentes é imprescindible para que saia adiante, polo que o Proxecto Kiva comezou coa formación de titoras, titores, orientadoras e equipos directivos nas tardes desta semana. Continuará coa análise da situación actual para saber de onde partimos e teremos actividades ao longo de todo o curso, pero temos en conta que isto é un proxecto a tres anos. Tamén estarán implicadas as familias e o persoal non docente, porque é toda a comunidade educativa a que planta cara ao acoso escolar. Toda a vila de Ribadeo contra o acoso escolar”.

Ir o contido