Ribadeo contará con seis vivendas públicas nas rúas Bispo Veres e Trinidade.

Ribadeo contará con seis vivendas públicas nas rúas Bispo Veres e Trinidade.

Ribadeo contará con seis vivendas públicas nas rúas Bispo Veres e Trinidade. O investimento superará os 2 millóns de euros. 

O alcalde, Dani Vega, declarou: “vivenda pública en Ribadeo, concretamente no casco histórico, en Bispo Veres dous inmobles, catro vivendas, inversión 1,6 millóns de euros. Rúa Trinidade, dúas vivendas, 500.000 euros de inversión. Son un total de 6 vivendas”. 

Para o rexedor o obxectivo é claro: “vivenda pública e rehabilitar o casco histórico. Seguir nese empeño e nese traballo constante e continuo de coidar e conservar o casco histórico de Ribadeo”.

Vega subliñou que “hoxe apróbase  no Consello da Xunta, licítase para que as empresas se presenten e así empezar xa os traballos de rehabilitación. Isto vai agora máis rápido para contar canto antes con esas 6 vivendas e destinalas a vivenda pública”.

O alcalde dixo: “trátase dunha moi boa noticia. Nos vindeiros días tamén nos visitará a conselleira para ver a zona e os inmobles. Nesta liña imos seguir porque o obxectivo tanto da Xunta de Galicia como deste Concello é construír vivenda pública, pero en Ribadeo hai un engadido todas aquelas casas que sexan de titularidade pública traducilas en vivenda”.

Dani Vega engadiu: “construír e rehabilitar no casco histórico e traducilo en vivenda pública é un obxectivo claro do Concello e da Xunta. Agradezo o traballo dos técnicos. Toda esta tramitación foi farragosa, os técnicos do Concello e da Xunta colaboraron e traballaron conxuntamente e así se traduce nun beneficio directo  para Ribadeo. E tamén agradecerlles á conselleira e ao presidente todo o seu empeño por construír vivenda pública tamén en Ribadeo, tamén na Mariña”.   

Ir o contido