O alcalde, Dani Vega, considera moi importante para Ribadeo que a Xunta aborde un proxecto de interese autonómico para desenvolver solo destinado á construción de 300 vivendas das que o 80% serán protexidas.

O alcalde, Dani Vega, considera moi importante para Ribadeo que a Xunta aborde un proxecto de interese autonómico para desenvolver solo destinado á construción de 300 vivendas das que o 80% serán protexidas.

O rexedor declarou: “unha gran noticia que hoxe o Consello da Xunta abordara o proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para construír 300 vivendas en Ribadeo. A noticia é importantísima, é unha noticia de gran calado., estamos falando de inversións a futuro, de inversións que, evidentemente, transforman Ribadeo e dun crecemento evidente do noso concello”.
Vega explicou que “estamos a falar dun espazo de 7,6 hectáreas que se dedicarán á construción de vivenda. Estamos a falar de 300 vivendas e que o 80% serán protexidas. Estamos traballando agora técnicos do Concello con técnicos da Xunta para concretar o espazo, ver como vai quedar a zona que eliximos, como vai quedar o espazo que vamos utilizar para construír vivenda e evidentemente no Consello da Xunta hoxe arranca un proxecto de vivenda, do que o 80 % vai ser protexida para Ribadeo”.

O alcalde manifestou: “estamos a falar que hoxe ó Consello da Xunta foron as grandes cidades de Galicia: Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Vigo ou Pontevedra, pero tamén foi Ribadeo. E isto é tamén o gran esforzo que está facendo a Xunta de Galicia por potenciar unha vila que está nese espazo xeográfico entre Galicia e Asturias, esa capital do encontro, que tamén vai hoxe a empezar un gran traballo na construción de vivenda”.

Dani Vega subliñou: “a noticia desde o Concello acollémola evidentemente cunha alegría enorme porque levamos traballando meses para delimitar o espazo, entregar e traballar conxuntamente cos técnicos da Xunta para que isto fora posible. Agradezo aos técnicos municipais todo o traballo que están a facer. E vamos seguir, vamos seguir traballando para que Ribadeo, o noso Ribadeo, o Ribadeo que queremos todos, siga avanzando”.

Ir o contido