Ribadeo colaborará coa asociación Fraternidade, que atende a moitas persoas deste concello. 

Ribadeo colaborará coa asociación Fraternidade, que atende a moitas persoas deste concello.

Ribadeo colaborará coa asociación Fraternidade, que atende a moitas persoas deste concello. 

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, visitaron á asociación Fraternidade en Tapia de Casariego (Asturias): “visitamos a asociación Fraternidade,  valoramos todo o traballo que están a facer. Desde o Concello de Ribadeo quixemos escoitar, quixemos visitar e así visualizar todo ese traballo e recoller as propostas para concretar cales van ser as liñas de colaboración”. 

O rexedor lembrou que “a asociación atende a moitas persoas, moitas delas de Ribadeo, e polo tanto non podemos deixar de lado a unha asociación que pon no centro o valor da persoa, que pon no centro o valor que representa todo un colectivo, que representa unha asociación que está focalizada e está centrada en traballar en colectivo, pero en traballar na persoa”. 

E subliñou: “parécenos moi importante ter liñas de colaboración con esta asociación. Non soamente o Concello coa asociación, senón tamén abrir vías de comunicación entre a Xunta de Galicia e o Principado”. 

Para Dani Vega “foi unha visita moi proveitosa. Agradecemos todo o traballo que realizan. Vamos estar presentes nas actividades que están a ter dente asociación Fraternidade e vamos ter un traballo conxunto a partires da hora e seguir apostando por poñer no centro o valor da persoa”.

Ir o contido