Ribadeo celebra hoxe o día da súa patroa, Santa María do Campo.

080925 Foto recepción Concello Festas Patroa

Ribadeo celebra hoxe o día da súa patroa, Santa María do Campo. Pola mañá tivo lugar unha recepción no Concello de Ribadeo, presidida polo alcalde, Dani Vega, á que seguiron a misa cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, a procesión e o concerto da Banda Municipal de Música no parque de San Francisco.
Autoridades civís e militares participaron nestas celebracións xunto á comisión organizadora das festas, a concelleiras e concelleiros de Ribadeo, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, deputados provinciais e representantes de Acisa.
O concerto de Ráfaga poñerá esta noite o broche de ouro ás festas patronais de Ribadeo.

Ir o contido