Ribadeo aprobará en pleno a ordenanza municipal de estacionamento e acampada de vehículos camperizados e autocaravanas co obxectivo de liderar un turismo ordenado e de calidade.

Ribadeo aprobará en pleno a ordenanza municipal de estacionamento e acampada de vehículos camperizados e autocaravanas co obxectivo de liderar un turismo ordenado e de calidade.

Ribadeo aprobará en pleno a ordenanza municipal de estacionamento e acampada de vehículos camperizados e autocaravanas e o contrato de servizos enerxéticos para a xestión do alumeado exterior de edificios. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “hoxe imos debater na comisión informativa varios asuntos dos que despois daremos traslado ao pleno municipal. Son dúas ordenanzas. A primeira delas é a ordenanza municipal de estacionamento e acampada de vehículos camperizados e autocaravanas. O que queremos é regular, o que queremos é controlar que non se estea acampando ou aparcando en calquera espazo do noso concello”.

O rexedor explicou que “vamos aprobar unha ordenanza, por certo o primeiro Concello que aproba unha ordenanza para regular esta situación, que é un problema non só en Ribadeo senón en moitos municipios de Galicia, e por iso queremos dar este paso importante regulando e controlando os espazos. Non podemos seguir permitindo que se acampe ou aparque en espazos naturais, de rede natura, nin na zona portuaria, nin en moitos puntos da nosa vila ou parroquias”.

Vega subliñou que “a ordenanza nace cunha clara vocación de regular e de controlar e ter unha ordenanza que nos permita a nosoutros controlar ou sancionar. Ata o de agora non se podía. Por exemplo, unha autocaravana ou vehículo camperizado que estivera aparcado na zona costeira, tiñamos que enviar a multa a Costas e Costas sancionaba ao titular. Iso perdíase no tempo, ou na zona portuaria, onde pasaba o mesmo. Nosoutros o que imos facer agora é aprobar inicialmente esta ordenanza e a partir de aí controlar, a partir de aí enviar unha mensaxe clara, non se pode aparcar nin acampar en calquera sitio, senón nos espazos nos que se permita”. 

Para o alcalde ribadense “é unha ordenanza coa que Ribadeo volve a liderar un turismo ordenado, un turismo de calidade e este tema vaise debater hoxe na comisión informativa. Ao igual que o contrato de servizos enerxéticos para a xestión do alumeado exterior de edificios. É bastante claro e evidente que temos que dar un paso cuantitativo na mellora da nosa iluminación no concello. Tamén en todos os cadros eléctricos, non só na vila senón nas parroquias, e ter unha boa xestión do contrato dos servizos enerxéticos. Outros Concellos xa o están a facer, outros Concellos teñen resultados moi positivos, e nosoutros temos que seguir na modernización do noso concello. Polo tanto, un novo contrato, que tamén é aprobación inicial, para mellorar toda a iluminación da vila, das parroquias, do conxunto do noso concello. Son temas importantes os que seguimos traendo ao pleno para seguir avanzando e mellorando Ribadeo”.

Ir o contido