Ribadeo amosa o seu apoio aos traballadores de Ence Navia e ás súas familias.

Ribadeo amosa o seu apoio aos traballadores de Ence Navia e ás súas familias.
O Concello de Ribadeo achega o seu apoio aos traballadores de Ence, na veciña localidade asturiana de Navia, na defensa dos seus postos de traballo e do futuro da planta, xa que é un referente industrial en toda a contorna, tanto no Occidente astur coma na vila ribadense.
Desde Ribadeo “avogamos polo diálogo entre a empresa e os traballadores co obxectivo de chegar a unha solución que garanta a viabilidade de Ence e os empregos. En Ribadeo viven moitas familias que dependen desa fábrica, de aí a nosa preocupación”.
O Concello de Ribadeo solicita que “o Goberno do Principado medie neste conflito laboral para que o desenlace chegue a bo porto. Desde Ribadeo estamos a carón dos traballadores de Ence e das súas familias”.
E engaden: “agardamos que a cordura e o diálogo se impoñan para chegar a solucións concretas. Non podemos permitir que se perdan postos de traballo nesta zona”.

