Ribadeo adquire un camión para destinar ao servizo de xardinería.

Ribadeo adquire un camión para destinar ao servizo de xardinería.

O Concello de Ribadeo ven de adquirir un camión para destinar ao servizo de xardinería.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, explicou que “mercamos este vehículo a través do Fondo de Compensación Ambiental. Ímolo destinar ao servizo de xardinería, xa que non dispoñía ata o momento de ningún camión. Temos que ir renovando pouco a pouco o noso parque móbil e incorporando novos vehículos para facer todo o traballo que temos por diante”. E engadiu: “neste caso trátase dun camión con distintivo ambiental cero emisións ou eco”.

Dos Santos subliñou que “é costeado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ribadeo”. 

Ir o contido