Ribadeo acolleu un foro informativo sobre a amiloidosis.

Ribadeo acolleu un foro informativo sobre a amiloidosis.

Ribadeo sumouse ao Día Mundial da Amiloidosis para dar visibilidade a esta enfermidade pouco frecuente.

A Asociación Amiloidosis Visible celebrou este domingo no Salón dos Alcaldes do Concello un foro informativo, que contou coa participación da concelleira de Sanidade, Elena Sierra, e de profesionais sanitarios.

Desde o Concello de Ribadeo declararon: “queremos apoiar esta voz colectiva e lembrar que a visibilidade é fundamental para acompañar e dar resposta ás persoas que conviven con esta enfermidade”.

Ir o contido