Ribadeo acolleu hoxe a I Xira Down no Monte de Santa Cruz, organizada polo Concello e Down Lugo.

Ribadeo acolleu hoxe a I Xira Down no Monte de Santa Cruz, organizada polo Concello e Down Lugo.
Os participantes compartiron un xantar campestre, música tradicional, obradoiros e xogos. Xunto a eles estiveron o alcalde, Dani Vega, o delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, as concelleiras de Benestar Social, Seguridade e Turismo, Elena Sierra, Montse Seijo e Marta Saiz, a enfermeira María Roel e a presidenta de Down Lugo, Mª José Blanco.
O rexedor agradeceu a Down Lugo “o seu traballo e a todas as persoas, familias, entidades e representantes institucionais que participaron e contribuíron a facer posible esta primeira edición desta xira inclusiva, que demostra que as nosas tradicións tamén poden ser espazos abertos e accesibles nos que todas as persoas teñan a oportunidade de participar”.

