Ribadeo acollerá o vindeiro 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26.

Ribadeo acollerá o vindeiro 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá.
A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E engadiu: “seguiremos nesta liña, porque contamos cunha instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que hoxe presentamos”.
Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás, e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.

