Ribadeo acollerá o vindeiro 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26.

Ribadeo acollerá o vindeiro 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26.

Ribadeo acollerá o vindeiro 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 11:00 horas no Campamento Xuvenil da Devesa.

A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “empezamos o ano albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. Os pasados 29 de novembro e 13 de decembro xa acollemos probas e campionatos clasificatorios na Devesa e agora temos unha nova cita o vindeiro 17 de xaneiro a partir das once da mañá”. 

O edil dixo: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo, polo que supoñen para o deporte, para a promoción turística do noso concello e para a súa hostalería”. 

Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás, e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.

Ir o contido