Ribadeo acollerá este sábado, 17 de xaneiro, o Campionato Galego de Cross 2025-26 no que se darán cita máis de 400 participantes.

Ribadeo acollerá o vindeiro sábado, 17 de xaneiro, o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 12:00 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. Hai 406 participantes inscritos.
A cita está organizada polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, coa colaboración da A.D.E. A Mariña, o Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo, polo que supoñen para o deporte, para a promoción turística do noso concello e para a súa hostalería”.
E tivo palabras de agradecemento para o Club Atletismo Ribadeo e para a súa presidenta, Ana Ferradás, “por todo o apoio prestado ao Concello cando realizamos algunha proba e necesitamos que estean con nós. Moitas grazas polo traballo e pola colaboración. En equipo todo funciona moito mellor”.

