Ribadeo contará con sillas anfibias e o servizo de acompañamento da Cruz Vermella para axudar a acceder ás praias ás persoas con mobilidade reducida.

Ribadeo contará con sillas anfibias e o servizo de acompañamento da Cruz Vermella para axudar a acceder ás praias ás persoas con mobilidade reducida. Ribadeo Accesible foi presentado este mediodía nos Bloques pola conselleira de Política Social, Fabiola García, polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
Fabiola García explicou que “anunciamos que por primeira vez aquí na Mariña Ribadeo vai contar cunha praia totalmente accesible, para nenos, para persoas maiores. É esta fantástica praia dos Bloques, algo que é posible grazas á colaboración de dúas administracións como son o Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia, que ven de financiar con 15.000 euros este proxecto. Tamén lle hai que dar ás grazas á Cruz Vermella, unha entidade que é unha referencia en Galicia, en España e a nivel internacional por poñer a disposición todo o persoal que é necesario para que todas as persoas maiores ou nenos con discapacidade poida acceder a este real”.
A conselleira de Política Social subliñou que “Ribadeo é unha referencia en toda a comarca e en Galicia facendo que esta praia sexa accesible para todos”.
O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento para as Consellerías de Política Social e Emprego, implicadas neste proxecto, e para a Cruz Vermella: “agradecerlle á conselleira todo o traballo que está facendo por Ribadeo, que non se limita so a este proxecto, senón hai moitos máis que levan o nome e o apelido de Fabiola García. Ribadeo Accesible quere dicir praias para todos, as persoas que están na residencia e que non podía vir aquí van poder facelo. Ademais das sillas contaremos con persoal de Cruz Vermella que os axudará e estará ao seu carón cando veñan aquí. Este é un acordo institucional entre as Consellerías de Política Social e Emprego e o Concello de Ribadeo e é un traballo feito para as veciñas e os veciños de Ribadeo e para os visitantes”.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, dixo que “este es un gran paso para la inclusión. Estamos encantados porque se trata de un proyecto pionero”.
E pola súa banda, Sonia Fraga, coordinadora de Asembleas da Cruz Vermella na Mariña contou que “habrá 4 personas contratadas por Cruz Roja, son auxiliares de playa, para prestar ese apoyo de accesibilidad al baño, que es tan necesario y que hasta el día de hoy no se podía llevar a cabo en esta playa”.
Fabiola García pasou despois polo Concello de Ribadeo para asinar este acordo institucional con Dani Vega.

