Resintonice o seu televisor

A Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 de dito proceso nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
Comunicámoslle que ditas actuacións realizáronse o mércores 2 de setembro no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Ría de Abres, de titularidade do Concello de Trabada, que proporciona cobertura a poboación de Ribadeo. Lembrámoslle que a actuación consistiu en:
• Apagamento neste centro da frecuencia de emisión do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss), que se emite actualmente na canle 41, e o acendido do múltiple MPE4 na canle 44 (Boing, Energy, Mega, Trece).
Unha vez rematada a actuación, cando se inicie a Fase 1 con data prevista para o próximo 5 de novembro, o centro de Ría de Abres pasará a emitir as seguintes canles:
• Canle 26 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax, Veo7
• Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad
• Canle 31 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.
• Canle 32 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series
• Canle 44 (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV
• Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE2, Clan, 24h, TDP (Teledeporte)
Os veciños que reciban deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.
+Info en: 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal

