Recepción a 24 deportistas locais polos éxitos conseguidos ao longo do ano 2025.

O Salón dos Alcaldes acolleu as recepcións ofrecidas polo Concello a 24 deportistas locais polos éxitos conseguidos ao longo do ano 2025.
No acto participaron o alcalde, Dani Vega, e o técnico de Deportes, Iván López.
As rapazas e rapaces homenaxeados recibiron tamén cheques económicos da man de Reny Picot. A empresa asturiana quixo sumarse un ano máis con esta achega de máis de 5.000 euros para apoiar as súas carreiras deportivas.
En atletismo os homenaxeados foron Paula Conde Carrelo e Pedro Moirón Soto; en hockey liña Xoel Nonide García; en piragüismo Mateo López Condorí, Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira, Elena González Rico, Carlota López Lorido e Martín Feijoo Iglesias; en remo Carlota Peña Vior, Antón Balsa Val, Irene García Valle, Sara Rodríguez Álvarez, Zhanna Nelida, Mateo Monteserín González, Paloma Monteserín González, Sebastián Pérez González, Adriana García Martínez, Ariadna Millet Bouza, Conrado Lara Calonge, Alejandro Barreira López e Valeria Álvarez Fojo; en tai-chi Héctor Peña Díaz; e en tiro olímpico Iván Lindín Rodil.
Desde o Concello de Ribadeo felicitáronos polos éxitos do pasado ano e animáronos a seguir practicando deporte, a seguir adestrando e a seguir esforzándose. Tamén lles agradeceron que “o nome de Ribadeo se subise aos podios tantas veces no 2025. Sodes un orgullo para todos nós”.

