Tecnoloxía ao alcance de todas as persoas: aprende, practica e avanza.

Programa E para dixitalizarse Lugo

O Concello informa da posta en marcha dun novo programa de formación dixital dirixido á veciñanza, co obxectivo de mellorar as competencias tecnolóxicas e facilitar a realización de trámites dixitais e a xestión financeira en liña.

Formacións dispoñibles

🔹 B00. Sinatura dixital / Ch@ve 365 / Certificados dixitais
Uso de aplicacións de Sergas, Facenda e trámites coa Administración electrónica.
⏱ Duración: 20 horas

📍 Lugar: Vilela
🗓 Datas e horarios:

  • 17, 18, 23 e 24 de febreiro (16:00–18:00 h)

  • 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de marzo (16:00–18:00 h)


🔹 D00. Finanzas online: Bizum e banca electrónica
⏱ Duración: 20 horas

📍 Lugar: Vilaselán
🗓 Datas e horarios:

  • 18, 19, 20 e 23 de febreiro (18:30–20:30 h)

  • 2, 4, 9, 11, 12 e 13 de marzo (18:30–20:30 h)

📍 Lugar: Ove
🗓 Datas e horarios:

  • 19, 20, 21, 27 e 28 de febreiro (16:00–18:00 h)

  • 12, 13, 14, 19 e 20 de marzo (16:00–18:00 h)


Inscricións

📅 Prazo aberto ata o 5 de febreiro de 2026
📞 Contacto: 604 091 674

Programa financiado con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU.

Ir o contido