Preto de 200 persoas participarán en Ribadeo este sábado, 29 de novembro, na proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26.

Preto de 200 persoas se darán cita en Ribadeo este sábado, 29 de novembro, na proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá e concluirá ás 12:30 horas.
A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E dixo: “seguiremos nesta liña, porque contamos cunha instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que terá lugar este vindeiro sábado na Devesa”.
Silvent engadiu: “moitas grazas á organización, á Xunta de Galicia, e as firmas que colaboran para que esta proba se desenvolva con éxito”.

