Durante o mes de novembro foron varias as publicacións que se presentaron, de diversas temáticas e xéneros.
Día 7: A Agrupación Cultural Francisco Lanza tróuxonos a Lionel Rexes, quen presenta a súa última novela, “Sete Lúas”, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho”.
Día 8: Lois Alcayde presenta, no Salón dos Alcaldes, o libro de poemas xuvenil “Vrao”.
Día 15: Xurxo Souto, convidado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, falounos da relación entre a música galega contemporánea e a literatura.
Día 16 : Presentación na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” de “Alredor del llume”, libro de Pepe Suárez Jardón, escrito en eo-naviego, que recolle contos tradicionais do occidente de Asturias nunha edición moi coidada, realizada por EoDitorial.
Día 21: Francisco Díaz-Fierros Viqueira, en colaboración coa Agrupación Cultural Francisco Lanza, presentou o súa novela “O gran triángulo”, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho”. Nela, achéganos a figura do matemático e astrónomo galego Xosé Rodríguez González. En novembro conmemorouse o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e este é un claro exemplo de que se pode tanto facer coma divulgar ciencia no noso idioma.
Día 28 : Presentación, no Salón dos Alcaldes”, do libro “Los caminos de España”, con información e imaxes dun lugar de cada provincia.
Seguiremos traballando para achegar a Ribadeo a nosa diversidade cultural e literaria.