Por unanimidade foi aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo.

Por unanimidade foi aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo.

Por unanimidade foi aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo. Agora ábrese un período de exposición pública dun mes para a presentación de alegacións. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos mellorando e modernizando a administración. Estamos traballando en varias ordenanzas e neste caso actualizando e  mellorando a ordenanza reguladora do servizo de taxis do Concello de Ribadeo. Ata o de agora tiñamos unha ordenanza de 1970 e  creo que houbo tempo en mellorar, en dar pasos, para que esta ordenanza estivera actualizada e así prestar evidentemente un servizo de calidade, que é un servizo público”. 

O rexedor dixo que “nosoutros o que quixemos foi expoñer unha proposta que tanto a Asociación Profesional de Traballadores e Autónomos do Autotaxi na provincia de Lugo achegaron suxestións e tamén a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, é dicir Acisa, trasladou as súas propostas e tamén vamos dar ese tempo porque agora hai unha aprobación provisional que foi ao pleno de onte, e ábrese un tempo para que os distintos colectivos, tamén os taxistas aquí de Ribadeo, propoñan, debatamos conxuntamente e así conseguir ter un servizo de calidade,  un servizo de proximidade e para que siga Ribadeo avanzando”. 

Vega subliñou que “os servizos públicos deben ser de calidade. Non so hai que detectar o problema ou visualizar o problema, hai que poñerlle solucións. Houbo tempo para facelo, para melloralo desde 1970,  creo que había que facelo. Nestes momentos estamos poñendo un texto enriba da mesa, onde trasladamos varias propostas, facendo un pequeno resumo, é ter ese servizo de calidade,  ese servizo de 24 horas, detectar os festivos, os períodos tamén vacacionais, evidentemente, iso debe ter ese servizo 24 horas, onde debe haber unha garantía de que cando vas á parada de taxis te vas encontrar un taxista ou un teléfono de contacto e así que poida vir recollerte e prestar ese servizo público, ese servizo de calidade”. 

O rexedor considera que “queda tempo para falar, para debater, para mellorar, pero evidentemente hai que poñerlle o inicio. Por iso onte levámolo a pleno, foi a aprobación inicial e agora haberá un tempo para recoller propostas e para debater. Moitas grazas a todos os taxistas por facer ese servizo, por tamén estar de acordo en certas propostas e así mellorar conxuntamente. Queda un camiño por percorrer, pero é como se fan as cousas entre todos para que Ribadeo siga avanzando”.

No pleno ordinario de onte tamén foron aprobadas por unanimidade as propostas de actualización das tarifas da auga e da piscina para o 2027. 

Ir o contido