Grupos municipais
Concello de Ribadeo
Grupos municipais
Como resultado das eleccións de maio do 2023 obtiveron representación na Corporación Municipal de Ribadeo tres partidos políticos. A distribución dos/as concelleiros/as de cada un deles quedou da seguinte forma:
PP: 7 concelleiros/as
BNG: 5 concelleiros/as
– Pablo Vizoso Galdo.
– Vicente Castro Reigosa.
– Marcos Antonio Villamil Martínez.
– Martín Graña Pérez.
– Raquel Ferreira Álvarez.
PSdeG-PSOE: 1 concelleira
– Marta García Rey.
FAQ
Concello de Ribadeo
FAQ
Neste espazo atoparás resposta ás preguntas máis frecuentes que formula a cidadanía. Para facer máis doada a túa consulta organizámos estas preguntas en diferentes temáticas e adxuntamos a documentación, impresos, solititudes… que podes precisar para realizar determinados trámites.
Administración e trámites xerais
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Hai un modelo de instancia xeral que podes cubrir en entregar nas oficinas de Secretaría. Na sede electrónica do Concello poderás descargar este modelo.
Si, só terías que solicitalo por escrito nas oficinas da secretaría do Concello.
Para iso sería necesario que cubras a estancia correspondente e a entregues xunto con unha copia do DNI (ou no seu caso tarxeta de estranxeiro/a ou, pasaporte, libro de familia para menores de 15 anos) e un documento que acredite a ocupación da vivenda. Isto será necesario só no caso de que non se trate dunha incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, para o que valería con presentar unha autorización de algún familiar.
Neste caso non sería necesario ningún trámite, faise de oficio.
Se necesitas facer unha rectificación ou actualización deste tipo de datos tes que entregar un documento acreditativo do dato correcto.
Debes solicitar nas oficinas de secretaría o devandito certificado, que ten un custo de 3,91 euros, agás no caso de que sexas pensionista, desempregado/a ou membros dunha familia numerosa.
Si, pois segundo o Real Decreto 137/1993 do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Armas, as tarxetas de armas son concedidas e/ou retiradas polos alcaldes dos municipios nos que se atopan aveciñados ou residindo os solicitantes, previa consideración da conducta e antecedentes dos mesmos.
Si, o Concello ten un Rexistro Municipal de Asociacións. Para inscribir nel a túa asociación só tes que entregar, xunto con unha solicitude, unha copia selada dos estatutos e da acta fundacional.
Si, só tes que cubrir unha solicitude acompañada dun plano onde figure o terreo a certificar e pagar as taxas correspondentes.
Si. Todos os meses do ano, agás xullo e agosto, desprázanse a Ribadeo axentes da Policía Nacional de Lugo para realizar este trámite. Veñen dous días no mes e a tramitación faise na Oficina de Turismo, en horario de 10:00 a 12:30 horas, logo de pedir cita previa nas oficinas municipais. No mes seguinte da renovación poderás recoller o DNI na Oficina da Policía Municipal co resgardo acreditativo. Lembra que este trámite só é valido para o DNI, non se renova aquí o pasaporte nin se expide a tarxeta de residencia.
Tanto o IBI como o IVTM poden ser domiciliados ou aboados directamente na oficina de Abanca. Os recibos de auga e de recollida de lixo pódense pagar na oficina de Aquagest, na Avenida de Galicia 21-23.
En calquera dos dous casos debes acudir á oficina de Aquaguest.
Ademais de facelo no taboleiro de anuncios do propio concello xa é posible acceder, a través desta web, ás actas correspondentes ás sesións plenarias e ás xuntas de goberno local. Con esta medida, o Concello de Ribadeo pretende garantir o acceso, libre e transparente, dos seus cidadáns á información de carácter municipal.
Os códigos postais operativos no Concello de Ribadeo son os seguintes: 27.700 para o casco urbano, 27.714 para Arante e Covelas, 27.711 para Cedofeita e Couxela, 27.796 para A Devesa, 27.713 para Obe, 27.710 para Piñeira e Vilaseán, 27.715 para Rinlo, 27.797 para Vilaframil e 27.712 para Vilaosende.
No Concello de Ribadeo temos implantado o Portelo Único, un instrumento de interrelación coa Xunta de Galicia e coa Administración do Estado que nos permite:
Configurar os nosos rexistros como oficinas de contacto, admitindo a presentación nas mesmas de calquera solicitude, escrito ou comunicación dirixido aos órganos da Administración Xeral do Estado e da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deixar constancia nos seus rexistros da entrada das devanditas solicitudes, escritos e comunicacións, con indicación nos seus asentos do seu número, epígrafe expresivo da súa natureza, data de entrada e hora da súa presentación, interesado ou órgano administrativo remitente, persoa ou órgano administrativo ao que se dirixe, así como una referencia ao contido do escrito ou comunicación que se rexistra.
Animais
Si, hai un rexistro municipal no que debes entregar unha solicitude acompañada dunha serie de documentación. O rexistro municipal inclúe animais potencialmente perigosos e, entre outras razas, sinala como perigosas as seguintes: American Stafforshire Terrie, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo de Tibet, Fila Brasileiro, Mastin Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu, así como os cruces destas razas ou os destas con cans que manifesten unha marcada agresividade, xa sexa natural ou inducida mediante adestramento.
Comercio
A normativa vixente en cuestión de ruídos é o Decreto 320/2002, de 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.
Para obter a licenza de apertura correspondente hai que tramitar a licenza de Obras e a de apertura na Secretaría do Concello.
Na Oficina de Desenvolvemento Local (ADL), que está situada no Concello na segunda planta, ou escribindo un correo directamente a adl@ribadeo.gal
Debes solicitalo por escrito nas oficinas da secretaría. Deste xeito pasarás a unha lista de espera e, segundo vaian quedando postos vacante so Concello irá concedendo espazos aos solicitantes. Co mercado semanal, que ten lugar os mércores, acontece exactamente o mesmo.
Defuncións
Debes solicitalo por escrito nas oficinas da Secretaría, no Negociado 3. Unha vez cursada a solicitude, pasarás a formar parte dunha lista. Cando se realice o sorteo das sepulturas, a orde desa lista será a que se aplicará para a súa adxudicación. Tamén poderías desistir do trámite en calquera momento.
Equipamentos culturais
O Concello conta co Auditorio Municipal para estes casos, pois hai nel salas de espazo reducido. Tes que solicitalo por escrito e ten un custe reflectido na ordenanza correspondente.
O prazo está aberto desde o 1 ao 31 de xullo de luns a xoves. Só tes que acudir ás dependencias da EMMeD de Ribadeo no Auditorio Municipal co teu número de conta bancaria e cubrir o impreso de matrícula.
Na especialidade de Iniciación á Música os/as alumnos/as poden matricularse entre os 4 e os 8 anos. A partir desa idade poderán facelo en Linguaxe Musical e na especialidade do instrumento que elixan. Para pre-danza a idade necesaria é de 4 a 6 anos e, a partir de entón, xa se pode escoller entre danza ou ballet clásico.
O alumnado que estude na EMMeD de Ribadeo ten a posibilidade de participar en campamentos musicais, concertos, intercambios, xornadas culturais, cursiños, talleres…
Si, é posible levar para o domicilio aqueles libros que sexan de préstamo, así como vídeos, CD’s, CD-ROM, revistas… tanto para facer isto como para empregar o servizo de internet na biblioteca é necesario ter o carné de lector.
Equipamentos deportivos
Debes solicitalo por escrito na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no Auditorio Municipal, ou nas oficinas municipais do Concello. Toda a información relativa ao custo e condicións do uso destas instalacións podes consultalo na ordenanza correspondente.
Equipamentos tecnolóxicos
Precisas en primeiro lugar darte de alta como usuario/a desta Rede. Para iso é necesario rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT. No botón de abaixo podes rexistrarte directamente.
Nestes momentos non se permite o acceso de menores.
Podes acceder, no horario da Oficina de Mocidade (09:00 – 13:30) ao uso libre do seu equipamento sempre que dispoñas de un usuario da rede ceMIT.
Medio Ambiente
Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas ou forestais en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao trámite de comunicación de queimas por internet.
No resto de terreos deberán poñerse en contacto coa Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo a través do teléfono 982 120 701 ou do correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org.
Si, hai un servizo mensual de recollida a particulares, tanto de obxectos de madeira como de metálicos. O refugallo metálico recóllese o primeiro martes de cada mes e o de madeira o último martes do mes.
Para solicitar este servizo, que ten un custo de 3,20 euros, debes dirixirte ás oficinas da secretaría antes das 14:00 horas do venres anterior ao día da recollida.
O refugallo debe depositarse antes das 9 da mañá do día que corresponde e debe colocarse de forma que non produza atrancos na rúa ou a beirarrúa.
Estes residuos, así como vidro, plásticos, metais, esprais, baterías, e outros moitos que podes consultar aquí podes depositalos no punto limpo que o Concello de Ribadeo ten no lugar do Valín (Ove). Para máis información sobre o seu funcionamento podes chamar ao 647 869 176.
Tráfico
No caso de que se trate de un coche novo debo achegarme ao concello xunto coa ficha do vehículo, cubrir a alta do mesmo e pagar o IVTM, para despois continuar o proceso na Xefatura de Tráfico de Lugo.
Neste caso debes acudir á xefatura de Tráfico de Lugo.
As multas de tráfico páganse ben nas oficinas de Caixa Nova, ben por xiro postal. Hai que indicar no pago o número de expediente, nome e enderezo e dirixilo ao Concello de Ribadeo.
En caso de desacordo coa denuncia, o denunciado poderá formular unha alegación, ao abeiro do art. 79.1 da Lei 339/1990. Este escrito de alegacións deberá presentarse perante a Alcaldía no prazo de 15 hábiles desde a recepción da notificación da denuncia, que deberá presentarse ou remitirse ao Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.
No suposto de non presentar alegacións dentro do prazo establecido , o contido da notificación transformase en proposta de sanción, ao abeiro do establecido no art.13.2 do Real Decreto 1398/1993 de 4 de agosto, que regula o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Turismo
Para visitar a praia e poder pasear polo seu areal debe estar a marea baixa.
Urbanismo, obras e infraestruturas municipais
Si, só tes que cubrir unha solicitude acompañada dun plano onde figure o terreo a certificar e pagar as taxas correspondentes.
Debes acudir á Oficina da Área de Rehabilitación do Casco Histórico, que é a que se encarga de tramitar as axudas que existen para esta zona. Atoparala na primeira planta da Casa do Concello.
Podes solicitala nas oficinas da secretaría do Concello, acompañada dun plano a escala da súa situación, con distancias a posibles camiños, pistas, estradas… Tamén podería servir unha fotografía. A expedición da certificación urbanística ten un custe de 3,50 euros.
Podes obtela acudindo ao Negociado 02 da Secretaría do Concello. Alí deberás cubrir a instancia correspondente e achegar a documentación necesaria que che sexa requirida.
No departamento de Obras poden proporcionarche esa información, unha vez solicitada por escrito. Se ademais precisas unha copia do proxecto, deberás abonar as taxas correspondentes ás fotocopias.
Debes acudir á Oficina da Área de Rehabilitación do Casco Histórico, que é a que se encarga de tramitar as axudas que existen para esta zona. Atoparala na primeira planta da Casa do Concello.
Mediante unha solicitude, debidamente asinada, e dirixida ao alcalde. Nela farás constar o teu nome, dirección, teléfono e o lugar para o que solicitas a luz ou o colector. Nas oficinas do Concello existe un modelo de solicitude para estes casos.
Si, tes que facelo cunha antelación de dous días, pagar as taxas correspondentes e, posteriormente, notificaráseche a autorización.
O procedemento é o mesmo que no caso anterior.
Vodas e parellas de feito
O procedemento debe iniciarse no Xulgado de Paz e, logo disto, proseguir a tramitación no Concello.
Os lugares dispoñibles son a Casa Consistorial e o Forte de San Damián.
Neste caso debedes inscribirvos no Concello, cubrindo unha declaración xurada, e logo no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras
Concello de Ribadeo
Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras
Diego Dos Santos Rodríguez é o máximo responsable da Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.
Área de Medio Ambiente
Que queremos?
O noso quere ser un traballo:
• Que axude á construción dun concello sostíbel que mellore a calidade de vida das veciñas e veciños de Ribadeo.
• Que incorpore as variábeis ambientais ao funcionamento da administración local.
• Que traballe en prol de sistemas de depuración de augas máis modernos e que causen o menor impacto posíbel no medio natural.
• Que manteña a calidade dos areais do Concello de Ribadeo.
• Que coide dos espazos naturais do concello, en especial daqueles que forman parte da Rede Natura ou dos LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.
• Que garanta os dereitos dos consumidores/as, respondendo de xeito eficiente as súas demandas.
• Que mellore a xestión do cemiterio municipal.
Servizos que ofrecemos
• Control, a través dun sistema de xestión ambiental, da eficiencia enerxética dos edificios municipais.
• Asesoramento á cidadanía en materia de sostibilidade.
• Programa de recollida selectiva de residuos para un mellor tratamento posterior dos mesmos.
• Xestión do Punto Limpo municipal.
• Posta en marcha do servizo de compostaxe caseiro.
• Limpeza e mantemento das praias e coordinación das distincións “Bandeira Azul” e “Q de Calidade Turística” dos areais.
• Adecentamento das áreas públicas de lecer coas que conta Ribadeo.
• Xestión da Oficina Municipal de Información aos Consumidores/as.
• Xestión e coidado do cemiterio municipal.
Concellaría de Medio Ambiente e Medio Rural
Plaza España N1
27700 Ribadeo
Teléfonos: 982 128 650
Correo electrónico: medioambiente@ribadeo.gal – mediorural@ribadeo.gal

Concellaría de Deporte e Mocidade
Concello de Ribadeo
Concellaría de Deporte e Mocidade
Francisco Silvent Villalba ocupa o cargo de concelleiro das Concellarías de Deporte e Mocidade. A continuación ofrecémosche un breve resumo das competencias e obxectivos que ten asignada cada unha das áreas das que é responsable.
Área de Mocidade
Que queremos?
O noso quere ser un traballo:
• Aberto e negociado, desde o que apostarmos por fortalecer as ideas e os valores que constrúen maior consciencia crítica, maior cohesión social e máis calidade democrática.
• Que outorgue importancia ao que, mais tamén ao como.
• Que fomente a interacción coa realidade diversa e plural para propiciar o asentamento de boas prácticas democráticas na xestión do ámbito público, do que é de todos e todas.
• Que convide ao debate, á participación, á responsabilidade nos proxectos, ao acompañamento e avaliación do traballo.
• Que sexa activo, mais tamén variado, flexíbel e capaz de se adaptar á natureza, vontade e necesidades dos axentes cos que traballemos: seremos punto de encontro, motor de iniciativas, espazo físico ou virtual, nódulo de dinámicas, caixa de recursos, opción de financiamento,…
Servizos que ofrecemos
• Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
• Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
• Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
• Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
• Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
• Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
• Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero,…
• Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
• Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
• Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente moza cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
• Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
• Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.
Área de Deportes
Desde a área de Deportes quérese aproveitar e potenciar a organización das persoas para favorecer a vertebración da sociedade e aumentar o número de colectivos que configura o panorama deportivo ribadense, colaborando cos xa existentes e desenvolvendo actividades que cheguen a toda a cidadanía.
Entre os moitos obxectivos marcados están os de incrementar a cantidade e a calidade destas actividades e do número de participantes, inducir á práctica deportiva aos novos colectivos, fomentar a participación cidadá na xestión deportiva, potenciar o deporte de base, mellorar as infraestruturas e equipamentos deportivos municipais e, sobre todo, fomentar a solidariedade co conxunto do territorio e a promoción de valores transversais asociados á práctica do deporte (respecto polo medio ambiente, igualdade de sexos…).
Concellaría de Mocidade
Rúa Antonio Otero N15
27700 Ribadeo
Teléfonos: 982 129 889
Correo electrónico: omix@ribadeo.gal
Concellaría de Deporte
Rúa Antonio Otero N15
27700 Ribadeo
Teléfonos: 982 129 889
Correo electrónico: deportes@ribadeo.gal

Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio
Concello de Ribadeo
Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio
Marta Saiz García está á fronte da Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio.
Concellaría Área Promoción Económica, Iniciativa Empresarial e Comercio Área Turismo
Praza de España
27700 Ribadeo
Teléfono: 607 402 530
Horario: de 09:00h. a 14:00h.
Correo electrónico: martasaiz@ribadeo.gal

Concellaría de RRHH, Seguridade e Atención Cidadá
Concello de Ribadeo
Concellaría de RRHH, Seguridade e Atención Cidadá
Montse Seijo Díaz está á fronte da Concellaría de RRHH, Seguridade e Atención Cidadá.
Concellaría de RRHH, Seguridade e Atención Cidadá
Casa do Concello
Praza de España, 1
27700 Ribadeo
Correo electrónico: ribadeo@ribadeo.gal

Concellaría de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade
Concello de Ribadeo
Concellaría de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade
Begoña Sanjurjo Santar é a máxima responsable da Concellaría de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.
Área de Igualdade
A través da Concellaría de Igualdade lévanse a cabo políticas dirixidas especificamente ás mulleres pero tamén á sociedade en xeral. O obxectivo destas medidas é favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a erradicación da violencia de xénero, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento daqueles proxectos que, impulsados por colectivos de mulleres, contribúan ao logro destes fins.
Trabállase, así, arredor de catro liñas básicas:
A dinamización e sensibilización da cidadanía, mediante campañas se sensibilización dirixidas aos diferentes sectores da poboación, aos centros educativos… e a través de actividades de ocio e tempo libre para as mulleres.
O fomento, a participación e o empoderamento das mulleres. Para isto, creouse o Consello Municipal da Muller, onde están representadas as mulleres das parroquias ribadenses; dos sectores sanitario, educativo, comercial…; das asociacións de mulleres, dos partidos políticos, dos sindicatos… A través del organízase un bo número de actividades para as mulleres, tales como obradoiros de autoestima, de risoterapia, cursos de natación terapéutica, foros…
O acceso á información, ao asesoramento e aos recursos. Mediante o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribadeo garantimos o acceso en igualdade de oportunidades de todas as mulleres á información e aos recursos públicos e privados.
A abordaxe integral da violencia de xénero, mediante políticas de prevención da violencia de xénero e accións destinadas a garantir a asistencia e a protección das vítimas con actuacións de carácter integral.
Área de Igualdade
Bos Aires, 14. 1º andar
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 739
Correo electrónico: cim@ribadeo.gal
Área de Cultura
Rúa Viejo Pancho N12
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 131 565
Correo electrónico: cultura@ribadeo.gal

Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia
Concello de Ribadeo
Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia
Elena Sierra Pulpeiro ocupa o cargo da Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia.
Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia
Auditorio Municipal
Bos Aires, 14
27700 Ribadeo
Teléfono: 982.120.808
Correo electrónico: cim@ribadeo.gal

Concellarías
Concello de Ribadeo
Concellarías
As eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023 deron como resultado a creación dun goberno do PP. Nel, foron delegadas algunhas das atribucións do alcalde as/aos seguintes concelleiras/os:
Couxela
Concello de Ribadeo
Couxela
Situada no sueste do municipio, Couxela limita polo norte coa parroquia de Santalla de Vilausende, polo oeste coa de Cedofeita e polo sur co municipio de Trabada, do que o separa o rego de Ferreira. O seu sector sueste está delimitado polo río Eo, que separa esta parroquia do municipio asturiano de Vegadeo.
Presenta unha superficie de 4,56 km2, unha densidade de 32,98 habitantes/km2 e unha poboación de 87 habitantes (INE 2024) que a converte na parroquia co menor número de persoas do municipio. As súas entidades de poboación son 11: Os Casais (28 habitantes), A Casanova (10), As Cerdeiriñas (4), Cima de Vila (8), Fornelo (15), Irexe (26), Maizán (11), Moural (2), Sendín (20), A Venda (11), A Xunqueira (12). Formando parte destas entidades están tamén os lugares de Os Bispos e O Rego.
O chan desta parroquia presenta certa inclinación cara ao leste, alcanzando no linde oeste as súas maiores altitudes, que superan os 200 metros.

Equipamentos
Área deportivo-recreativa: Área que conta con campo de fútbol, campo de bolos, pista de baloncesto e parque infantil.
Teleclube de Couxela
Festas
Festa da Virxe das Dores
San Antonio
Patrimonio
Templo restaurado en 1942. Posúe planta rectangular con nave dividida en tres tramos por dous arcos que descansan en pilastras. Presenta bóveda falsa, entaboamento en aresta e arco triunfal e bóveda de aresta tamén no presbiterio.
Está totalmente recuberta con cemento, excepto na porta que dá acceso polo lado do muro da Epístola, onde se pode observar cantaría. Sobre o presbiterio hai unha pequena espadana cunha campá.
Lugar
Parroquia: Couxela (Santiago)














