Vilaframil
Concello de Ribadeo
Vilaframil
A parroquia de Vilaframil está situada no centro do sector costeiro de Ribadeo, limitando co Mar Cantábrico e coa parroquia de Rinlo polo norte, coa de Piñeira polo leste, coa da Devesa polo oeste e coa de Covelas polo sur.
Cunha extensión de 8,23 km2, Vilaframil posúe unha densidade de 39,61 habitantes/km2 e unha poboación de 332 persoas (INE 2024) distribuídas nas seguintes entidades de poboación: O Campo de San Lourenzo (83), Carreira Branca (15), Coedo (1), O Coto (48), A Granxa (13), A Madalena (32), O Pinar (deshabitado), O Regueiral (2), Río Caínzos (11), San Xillao (61), O Tombín (24), O Valado (25), A Requeixada (3) e A Siñeira (8).

Equipamento
Escola de Valado
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Pista polideportiva do Circo
Festas
San Lourenzo
Patrimonio
Templo de planta rectangular con portada en arco de medio punto, muros de cantería, espadana dun corpo e oco de campá rematada en pináculo. O pavimento é de lastras.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Edificio de planta rectangular con muros de cantaría, cuberta a dúas augas e porta de acceso con lintel. A espadana ten un só corpo e un van en arco de medio punto rematado en triángulo e pináculos.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Edificio de planta rectangular con muros revestidos en morteiro e cuberta a dúas augas. As portas e as ventás teñen un lintel e a espadana, de frontón con remate triangular, presenta un oco en arco de medio punto para a campá.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Casa indiana de estilo arquitectónico autóctono con trazos coloniais.
Observacións
O seu promotor foi Pedro Murias.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Edificio de dous andares con muros de cachotaría que teñen revestimento de morteiro e cuberta a dúas augas de lousas. A cornixa é de pedra con molduras. Presenta porta de acceso con lintel e ventás con batente en catro corpos na planta alta. Ten arrimada unha pequena edificación con cuberta a unha auga.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Sinxela construción de carácter comunal que pertence ao grupo das fontes de caño. Consta dunha lousa de pedra labrada cun cano que conduce a auga procedente da boca da mina cara ao exterior. Esta, cae nunha pía formada por outra lousa de pedra labrada.
Observacións
Está situada nunha beira do rego de Xulián.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
A fundación desta escola agrícola estípulase nunha das mandas testamentarias de Pedro Murias, así pois, dispuxo un captital total de 154.818,18 pesos de ouro para a creación da escola agrícola, aínda que convén sinalar que este non será o capital inicial co que conte as arcas da fundación da mesma.
Trátase dun centro pioneiro na zona mariñá de Lugo, específicamente planificado e entendido como xerador da apertura do campesiñado ás novas realidades agrícolas a base do ensino e da experiencia directa.
A realización dos desexos que este indiano plasmara no seu testamento viuse demorada no tempo debido a múltiples atrancos.
O primeiro paso da andaina foi a consecución duns terreos adecuados para levantar a edificación , que finalmente ubicaronse na actual parroquia de Vilaframil e ocupaban un total de 14 ha 31 a 37 ca . Para conformar este predio foi necesaria a unión das 65 parcelas que foron mercadas en dúas fases.
A dirección da escola agrícola recaeu no agrónomo ribadense Enrique Sárez Couto, a quén lle correspondeu acometer o inicio das obras dos edificios que conformarán a escola agrícola. O primeiro en ser levantado será o inmoble principal, que estará rematada en 1920 , ano no que comeza a funcionar o centro.
Trátase dun edificio de grandes proporcións formado por un corpo central de dous pisos, faiado e dúas alas a cadanseu lado. Este edificio será o destinado a albergar a escola agrícola, actualmente en funcionamento.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Templo de 1896 con planta rectangular e cuberta a dúas augas. Na portada ten porta con lintel curvo e, sobre esta, un van para a iluminación interior. A espadana é dun só corpo, rematado en frontón triangular e cruz latina, e presenta dous ocos en arco de medio punto para as campás.
Lugar
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)
Santalla de Vilausende
Concello de Ribadeo
Santalla de Vilausende
A parroquia de Santalla de Vilausende, no nordeste do municipio, linda ao norte coa de Ove; polo oeste con Covelas e Cedofeita; polo sur con Couxela e A Balboa (no concello de Trabada) e polo oeste co estuario do Eo.
Cunha extensión de 10,46 km2 e unha densidade de poboación de 20,26 habitantes/km2, posúe 138 habitantes (INE 2024) distribuídos nas entidades de poboación de Lourido (13 habitantes), Porto de Abaixo (29), Porto de Arriba (36), O Río da Veiga (16), Santalla (46), San Tomé (7), A Torre (14) e Vilausende (51).
Equipamento
Teleclube de Vilausende
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Festas
Festa das flores
Festas do Corazón de Xesús
Santalla (Vilausende)
Patrimonio
Pequeno templo do século XIX de planta rectangular e muros de cachotaría revestidos. A cuberta é a dúas augas e está formada por entramado de madeira e cubrición de lousas. A porta ten lintel e un van rectangular nun dos seus alzados. Presenta espadana dun só corpo e oco de campá en arco de medio punto sen remates ornamentais nin cruz.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Edificio de dúas alturas con muros de cachotaría de revestimento de morteiro e cuberta a catro augas con lousas. Ten porta con lintel, ventás rectangulares con bantentes en catro corpos e bufarda na planta baixa.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Castro en ladeira con dous foxos na súa parte sur, un deles prolongado cara ao oeste por unha vagada natural. A coroa ten parapeto ao sur. Ao norte, nordeste e noroeste ten ata dous parapetos concéntricos. Pola zona sur atópase destruído pola recente construción dunha pista forestal onde se aprecian restos de casas circulares.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como Salcedo.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
O vello edificio derribouse hai non moitos anos para alzar o novo templo, obra do arquitecto José María Velasco.
No seu interior atópanse imaxes de estilo barroco do século XVII.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Xacemento de morfoloxía ovalar que consta dunha serie de foxos, terrapléns e paramentos.
Observacións
Está adscrito á idade de bronce e á de ferro romana.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Preto de Torre está situado este pazo que conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e do corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental ten un escudo de armas ovalado e con inscricións e emblemas dos Montenegro e Luaces.
Observacións
Completan este conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela dedicada no seu momento á Virxe da Inmaculada.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Pombal de muros de cachotaría e planta de forma poligonal. A cuberta é de lousa rematada en pináculo.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Rinlo
Concello de Ribadeo
Rinlo
Rinlo é a parroquia máis pequena en extensión de Ribadeo (1,13 km2) e, a pesar disto, a segunda en canto a densidade de poboación (235,39 habitantes/km2). Está practicamente rodeada polo Mar Cantábrico, salvo no sur, onde linda con Vilaframil e A Devesa.
A súa poboación, de 227 habitantes (INE 2024), está concentrada nunha única entidade de poboación conformada por un fermoso pobo mariñeiro situado a carón da enseada da Areosa, por onde entran as ondas en días de forte temporal. Coñécense con todo na parroquia os lugares de O Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca.
Rinlo ofrécelle ao visitante a típica estampa mariñeira rodeada dunha paisaxe propia do rural, un lugar caracterizado pola presenza de cantís e furnas; por fortes temporais e ventos e por unha costa na que se suceden as cetarias, accesibles hoxe en día grazas a construción dunha pasarela de madeira que percorre toda a costa.
Algo de historia
Segundo as persoas maiores do lugar, Rinlo é un pobo con máis de 500 anos de historia cuxas orixes quedan ligadas á presenza dun porto baleeiro.
Coñecido popularmente como o lugar no que se crían os mellores percebes, lagostas, lumbrigantes e centolas de toda a costa Cantábrica, Rinlo conta coa segunda confraría de pescadores máis antiga de España. A riqueza destas capturas vén favorecida polas fortes batidas do mar contra as súas penas, nas que se forman numerosas covas.
O seu forte carácter mariñeiro pode apreciarse en múltiples detalles: casas que semellan colgadas sobre os cantís, rúas estreitas arrimadas ao litoral, a proximidade do mar ao núcleo de poboación…

Equipamento
Escola nova de Rinlo
Escola vella de Rinlo
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet, aula para cursos e un pequeno auditorio.
Pista polideportiva de Rinlo
Festas
Festa do percebe
San Pedro (Rinlo)
Virxe do Carme (Rinlo)
Patrimonio
Casa indiana construída en 1912. De estilo ecléctico, chama especialmente a atención nesta construción a súa ornamentación, así como a altura que presentan as súas tres plantas.
Observacións
O seu promotor foi Inocencio Vázquez Aguiar.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Casa indiana construída en 1910, de estilo arquitectónico autóctono. Presenta semisoto, planta baixa e dúas altas.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Edificio de planta alta e baixa hoxe destinado a escola. Presenta porta con lintel e ventás rectangulares cunha varanda en forxa de ferro na planta alta. A espadana é de dous corpos con ocos para albergar as campás e con linteis rematados en pináculos. A cornixa ten moldura.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Vivenda de planta baixa e alta, muros con revestimento en morteiro e pintados e cuberta a dúas augas de tella curva.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Sinxela construción de carácter comunal que pertence ao grupo de fontes de manancial ou de mina. Consiste nun depósito no que se estanca a auga que procede dun manancial feito mediante unha escavación no terreo e que sae por un cano de pedra lixeiramente inclinado.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Templo de 1931 de estilo neogótico e planta de cruz latina con bóveda apuntada sobre arcos faixóns. O cruceiro e o presbiterio están cubertos por bóveda de aresta sobre nervios. O frontispicio posúe torre de aspecto neorrománico, rematado en capitel.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Edificio de planta rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas de lousas e limas con tella curva e porta de acceso con lintel.
Lugar
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Ribadeo
Concello de Ribadeo
Ribadeo
A parroquia que acolle a capital municipal linda ao norte coa de Vilaselán, ao leste co estuario do Eo, e ao sur e oeste con Ove.
Cunha superficie de 2,4 km2 e unha densidade de 2.540 habitantes/km2, habitan nela 9.971 persoas (INE 2024), todas elas agrupadas nunha única entidade de poboación na que diferencian os lugares de Cantarrá, Mirasol, Porcillán e A Vilavella e, dentro da propia vila, os do Campo e As Catro Rúas.
Nesta parroquia, especialmente na vila, a afluencia de xente nas fins de semana e nos períodos de vacacións fai que se a poboación ascenda a valores pouco usuais con respecto ao resto do ano, chegando a alcanzar os 20.000 habitantes.
Ten unha altitude media de 46 metros.

Festas
Festas Patronais de Ribadeo
San Roque
Virxe do Carme (Ribadeo)
Patrimonio
Casa indiana de estilo ecléctico-modernista construída en 1910.
Observacións
A súa promotora foi a familia Lanza.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio singular do século XVIII que está situado no porto de Ribadeo. En orixe, foi unha casa particular que pertencía a don Carlos Acevedo Pardo e que estivo moi vinculada ao tráfico comercial no porto. No seu escudo figura a data de 1726.
Destaca a súa fermosa fachada, de puro estilo barroco borbónico, orientada cara ao norte. É un edificio de tres plantas con fachada principal conformada con tres grandes arcos de medio punto e ocos. Non se encontra en bo estado de conservación.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Coñecida actualmente como Casa do Mar, este edificio de 1854, situado no centro de Ribadeo, foi en orixe un dos primeiros cárceres de partido de Galicia, deseñado polo arquitecto provincial da Coruña, Faustino Domínguez Domínguez.
Trátase dunha construción de catro ángulos e de puro deseño neoclásico, con patio interior con arcos (hoxe cuberto).
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
A vila de Ribadeo é porta de entrada en Galicia do Camiño do Norte que, na súa vertente coñecida como a Ruta da Costa, percorre as parroquias de Ribadeo, Ove, Covelas e Arante.
O traxecto, duns 16 quilómetros dentro dos límites municipais, iníciase na vila de Ribadeo coa subida dende o porto de Porcillán pola Alfándega vella, ata a praza de España. Era no peirao de Porcillán onde as barcas que cruzaban a ría deixaban aos viaxeiros.
Dende alí segue pola rúa de San Francisco cara a capela de San Lázaro e continúa despois con dirección a Ove. Nesta parroquia o camiño ascende pola pista que vai ao cemiterio e segue cara a Vilela, pasando por Pastoriza, para despois atravesar o río Pequeno e ascender cara a Covelas. De alí xa se baixa cara A Ponte (Arante). A partir dese punto o camiño sube cara a Vilamariz, na mesma parroquia, internándose no monte en dirección a Vilamartín Pequeno, xa no concello de Barreiros.
Esta ruta percorre unha parte importante do interior do concello. Son paraxes radicalmente diferentes ás da costa: pequenas aldeas e lugares con interesantes conxuntos etnográficos, paisaxes de verdor exuberante e camiños antigos que nos levan a outros tempos.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Capela medieval construída no século XII, no tempo da repoboación de Ribadeo por Fernando II, e situada no miradoiro da Atalaia sobre tramos das antigas murallas ribadenses. É o templo máis antigo que ten hoxe a vila, se ben a súa portada é do século XIV.
A construción actual deixa ver a porta principal gótica, do século XIV, con decoración en zig-zag e dúas cabezas humanas nos extremos. Consta de nave, arco triunfal e presbiterio e, sobre a porta principal, pode verse un escudo en pedra de Ribadeo xa moi gastado e mais unha espadana dun só van.
No seu interior destaca o seu retábulo barroco, con tallas de variada cronoloxía entre as que destaca a imaxe titular da Santísima Trindade, e unha pía de auga montada sobre unha columna gótica.
Observacións
O lugar no que se alza é un dos máis pintorescos da vila, por iso serviu, dende moi antigo, de recreo dos veciños, para cuxa seguridade, ou, como din os papeis da época, para impedir riscos e desgracias, construíuse en 1793 unha parede pequena completada máis adiante con outras obras de seguridade.
Para os devotos a capela foi sempre lugar de moita utilidade, así pola súa antiquísima confradía e polas indulgencias de que gozaba a beneficio dos fieis, como porque unha gran parte do pobo concorría a el a rezar a Bula e a encomendar as ánimas dos defuntos que alí se enterraban cando non había igrexa parroquial capaz para este obxecto.
De moita utilidade foi tamén para os mareantes, por servirlles de guía e enfilación, como consta, entre outros, no Libro puridad do ano 1542. Por este mesmo libro sábese que no propio ano que se pintaran as tres historias do retábulo polo pintor maese Andrés, ao que lle deron polo seu traballo 2 ducados. Outras historias do mesmo retábulo, a do Xusto Simón e a dos Reis Magos, foron feitas en 1547 polo entallador maese Gregorio, que pediu por esta obra 40 ducados. Tan historiado retábulo foi substituído en 1777 por un dos que se sacaran da colexiata de Santa María con motivo do derribo deste templo. Ao parecer pertencera ao primitivo altar a imaxe que se conserva no actual e que representa a Deus e ao Crucificado.
Polo padroado desta capela (por entón igrexa da Trindade) preitearon en 1722 o Concello e a confraría da mesma. Iniciou o preito a confraría ao ver que o Concello, con ocasión de estar revocando o templo por dentro e fora e á morisca mandou colocar sobre a porta principal o escudo de armas de Ribadeo, e ela foi quen o gañou.
A capela sufriu varias reformas no transcurso dos séculos. Nunha delas tapiouse a porta que se abría sobre a Atalaia.
Textos obtidos da obra Ribadeo antiguo de Francisco Lanza Álvarez.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Sitúase na praza do mercado e presenta planta de cruz latina, con cuberta de madeira a dúas augas, e cruceiro e presbiterio separados por dous grandes arcos oxivais. Destacan os elementos nobres de cantaría dos seus vans e puntais de esquina, os remates poliédricos que presenta sobre as pilastras laterais e o coro e o púlpito, que son os dous de madeira.
A espadana remata en frontón triangular aberto na fachada principal e presenta dúas portas de entrada, unha no frontispicio e outra no muro da Epístola.
Tamén ten interese artístico o mausoleo de Don Ramón González que se custodía aquí. A capela foi construída a finais dos anos 20 do século pasado por orde da súa viúva.
Observacións
A Orde Terceira de Ribadeo foi fundada no mes de agosto de 1679. Catro anos despois a comunidade de San Francisco, por escritura ante notario, cedeu aos irmáns terceiros sitio en que erixan y labren una capilla para los exercicios de su ynstituto y solegnidades de su devoción. Este sitio era na horta que o convento tiña cara Campo e cediase con calidad y condición que no se pueda enterrar persona alguna, aunque sea tercero, en dicha capilla.
Alí se conservou, ata o ano 1926 no que foi derruída, para construírse a actual na rúa Doutor Moreda uns anos despois.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Templo situado na rúa San Roque. Non se sabe cando nin por quen foi construída esa capela, que se chamou con ese nome por atoparse á beira do camiño que ía cara a Viveiro.
Consta dunha nave cuberta con bóveda, arco triunfal e outros tres torais que sosteñen unha cúpula na capela maior e sancristía pola parte de atrás. A fachada principal leva porta con lintel e aos seus lados dúas ventás rectangulares con reixas de ferro. Sobre a porta vese unha cruz de malta e unha cuberta de lousas. As pilastras de suxección son de cantaría.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Templo de 1870 situado na rúa Obispo Veres, xunto á casa Bustelo. Os muros son de cachotaría, con elementos nobres de cantería en vans e puntais de esquina, e cunha espadana e un único van en arco de medio punto na portada. As portas e ventás levan lintel en arco de medio punto.
Destaca a súa cuberta, con bóveda barroca, e o retablo do século XVIII anterior á súa capela.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Templo situado na rúa do mesmo nome e único vestixio que queda do antigo hospital de San Lázaro. A súa fachada foi reedificada parcialmente en 1844.
A construción é rectangular, con bóveda de canón e cuberta a dúas augas, arco triunfal e capela maior rectangular tamén. Sobre a porta lateral leva escudo de Ribadeo feito en pedra. A capela maior deste templo aparece desviada do eixo da nave.
Observacións
O antigo hospital de San Lázaro, no que se asistía aos enfermos de lepra, xa existía a comezos do século XIV e desapareceu no segundo terzo do século XVIII.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Pequeno templo situado sobre o porto deportivo, no lugar de Estrada do Faro, do que non se coñece exactamente a súa data de construción.
O edificio é de planta rectangular cuberta a dúas augas con entramado de madeira cuberto por lousas e chapa nervada con tella curva de cerámica. Os muros están cubertos con morteiro e pintados. A porta de acceso é rectangular e remata en lintel curvo. Posúe un pórtico pegado á capela con cuberta a tres augas e catro pilastras que o suxeitan. Sobre este aparece un van e unha espadana sinxela con van en arco de medio punto, para albergar a campá, e remate en cruz latina.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Templo situado na rúa San Roque que pertence ao século XIV, aínda que foi reedificado no XVIII. Recentemente foron refeitas algunhas partes, entre elas a fachada principal. A súa planta é rectangular e posúe muros de cachotaría revestidos en morteiro no seu alzado principal e sancristía detrás do presbiterio. A cuberta, a dúas augas, está formada por entramado de madeira e cuberta de lousas. A fachada principal leva porta e ventá oxivais e espadana sinxela, sen elementos ornamentais e rematada por unha cruz de pedra.
Observacións
Dende moi antigo (séculos XV ou XVI, venerábase en Ribadeo una devota imagen de aquel glorioso santo, a cuia intercesión creen estos naturales aver debido el remedio de una contagiosa infectión que se avía encendido en esto contornos, pr. Lo q. En muestras de su gratitud dha. Villa tomando por su Patrono y tutelar a este Santo Confesor, pr. Boto general prometió guardarle pr. Festivo su día perpetuamente (actas capitulares de 1729).
A capela en que se veneraba a devota imaxe do peregrino de Montpellier, pareceulle en su edificación ao coéngo tesoureiro da catedral de Mondoñedo D. Salvador Menéndez Navia y Villamil e, en vista diso, mandou edificala novamente dende os seus cementos un poco más adelante – dise no codicilo outorgado en agosto de 1.719 – del sitio que tenía un pié de distancia de cimiento a cimiento y en lo ancho y largo mas crecida, con sacristía y pórtico, y la ornamenté y aliñé con toda decencia de retablo y su imágenes. Entre éstas, e o núcleo principal do retábulo, colocou Don Salvador a imaxe de San Cayetano, deixando a de San Roque desposeída daquel lugar, con gran pesar de toda a vila ribadense, que fixo que se producise un preito que gañou o coéngo.
No seu codicilo, o señor Menéndez Navia y Villamil, despois de declarar que era o patrón da ermida de San Roque e San Sebastián, dispón que después de sus días y vida, mis sobrinos D. José Antonio de Llamas y Menéndez y D. José Antonio Ventura Menéndez tanto el uno como el otro de por mitad sean patronos Della.
En setembro de 1729, estando de visita o bispo D. Fr. Antonio Sarmiento, mandou que lle colocase de novo a imaxe de San Roque no sitio no que se atopaba a de San Caetano. Con toda solemnidade foi realizado o troco, advertíndose polo Concello a ermitaña Antonia López, que por ningún acontecemento cambiase nin permitise cambiar as imaxes dos sitios e nichos onde estaban. E, efectivamente, a finais do mesmo ano, un dos herdeiros do coéngo Menéndez, volveu a colocalas na forma na que este o fixera, o que deu orixe a novas queixas e protestas do vecindario, quedando á fin, no nicho central a imaxe do abogado da peste.
Non foi só na colocación das imaxes no que os herdeiros do coéngo Menéndez introduciron novidades contrarias ao desexo e ao interese da vila. Así, en 1.880, pecharon o Campo de San Roque, que era un lugar anexo á capela que servía de sitio de recreo aos veciños, apropiándose del sen ningún reparo.
Textos obtidos da obra Ribadeo antiguo de Francisco Lanza Álvarez.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Pequena ermida situada na Travesía Guimarán e construída en 1725. Posúe planta rectangular e cuberta a tres augas de lousa e e chapa nervada con tella curva de cerámica. Os muros son de cachotaría revestida con morteiro, deixando ao descuberto o perímetro dos seus vans. A espadana, dun só van en arco de medio punto, remata en frontón triangular e posúe elementos ornamentais.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de 1568 que foi reedificado a finais do século XVIII. Dispón dun gran balcón fundido en Sargadelos. Na planta alta leva no centro un escudo de España rematado en coroa e sobremontado polas armas de Ribadeo. As portas e as ventás teñen linteis.
Observacións
Está situada na Praza de Abaixo
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de planta rectangular, dúas alturas e aproveitamento baixo a cuberta. As portas e as ventás posúen lintel. Destacan nesta construción os relevos labrados en pedra que hai nun dos seus laterais e que imitan a entrada dunha porta. Antigamente pertencía ao cuartel vello.
Observacións
Está situada na rúa San Miguel, nº 68
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de planta rectangular e muros de cachotaría revestidos con morteiro. A cuberta ten catro augas e as portas de acceso posúen lintel. As ventás son rectangulares con batente en tres corpos. Presenta un escudo de armas gravado en pedra nun dos seus alzados.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa do século XVIII de planta rectangular e tres alturas con muros de cantaría e portasdaire de arco escarzano. Destacan nela os seus balcóns de forxa de ferro, as molduras do perímetro dos seus vans e dous escudos.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda rehabilitada de planta rectangular e dúas alturas, con porta de acceso con lintel e ventás rectangulares. Destacan na segunda planta dúas portasdaire con balcón e balaustrada de forxa de ferro e inscrición na fachada.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de planta rectangular e dous andares con muros de cachotaría con revestimento de morteiro. A porta de acceso ten lintel e as ventás son rectangulares na planta baixa e portasdaire na alta. Na súa fachada destaca unha inscrición dedicada ao viejo Pancho.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de dúas alturas con muros de cantaría de granito revocados con morteiro e ventás con lintel e portasdaire na segunda planta.
Observacións
Edificio situado na rúa Antonio Otero, nº 17
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de estilo ecléctico da primeira década do século XX. Logo de adquirir unha elevada posición económica a través da emigración, Don Clemente, indiano orixinario de Ribadeo, regresou ao seu pobo natal, onde mercou dous edificios que posteriormente acondicionou.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Pazo barroco do XVIII que pertenceu aos Arango y Mon e que hoxe segue sendo de propiedade privada. Aqui estivo empregado inicialmente Antonio Raimundo Ibáñez-Gastón cando chegou a Ribadeo.
Ademais da súa arquitectura, da que destaca a súa torre e un amplo balcón, sobresae a súa capela, da Virxe de Chiquinquirá e San Bernardo. Esta última foi fundada no século XVIII por D. Bernardo Rodríguez-Arango y Mon, coñecido como o indiano, que fixera fortuna no Perú.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio con planta en forma de prisma hexagonal e cuberta de lousa. Presenta portas e ventás con lintel. Cumpre o labor de faro.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de 1869 e estilo ecléctico. Destaca polo seu volume, sobriedade decorativa e simplicidade de liñas.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana da primeira década do século XX cuxo promotor era óptico de profesión.
Observacións
Actualmente é a sede da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa do século XVIII dos Menéndez-Navia y Villamil. Trátase da construción civil máis antiga de Ribadeo, da que tan só se conserva a súa fachada. Accédese a ela por medio dunha gran porta de pedra cun arco de medio punto con cantaría de granito.
Observacións
Comparte patio co edificio da antiga Escola da Marina, hoxe Casa de Cultura e Biblioteca.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de estilo ecléctico con influenzas rexionalistas, onde destaca a torre erixida na liña de fachada.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de estilo ecléctico do ano 1900.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de estilo ecléctico construída en 1886. Trátase dunha casa urbana de tres plantas, hoxe inconexas.
Observacións
O seu promotor foi Francisco López García.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana de 1886. Destaca no seu teitume un observatorio de planta octogonal.
Observacións
Su promotora fue Esperanza Leiras y López.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Casa indiana construída en 1888. O seu estilo caracterízase por ser de transición entre a vivenda autóctona e o palacio nobre.
Observacións
A súa promotora foi Ascensión Pillado y Pedrosa.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría revestidos en morteiro e pintados. O tellado é a tres augas e con cuberta de lousas e, na planta superior, posúe portasdaire de forma rectangular e batente en cinco corpos con baranda interior. Pode verse un escudo no seu alzado principal e portas rematadas en lintel curvo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificación de tres alturas, con soportal en arcos de medio punto suxeitos por pilastras de cantaría na planta baixa. Os muros son de cachotaría con revestimento en morteiro e deixan ao descuberto elementos nobres de cantaría en vans e puntais de esquina. As ventás posúen lintel e na última planta destaca unha portadaire con balcón en forxa de ferro.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificación en dúas alturas con muros de cachotaría e portas e ventás con lintel. Presenta catro portadaires na planta alta e varanda interior. Na súa fachada hai un escudo e unha inscrición pouco lexibles.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de catro alturas con muros revestidos en morteiro e elementos nobres de cantaría nos vans. Na planta baixa as ventás son rectangulares e con batentes en catro corpos. Destacan as portadaire que ten nas tres plantas superiores e o gravado e o busto que presenta na planta segunda.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de planta baixa, alta e bufarda con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares e portadaire na planta alta con baranda en forxa de ferro. Presenta tamén cornixa de cantaría e escudo no alzado principal.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de planta rectangular e dous andares con muros de cachotaría revestidos en morteiro e elementos nobres en cantería no perímetro dos vans e puntais de esquina. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares con reixas en planta baixa e contraventás na alta. Ten escudo na fachada principal e atópase ao lado da capela da Atalaia. Nun entorno urbano formado por edificacións tradicionais e de nova construción.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Construción de planta rectangular con muros de cahotaría revestidos en morteiro e pintados. Presenta elementos nobres de cantaría no perímetro dos vans e nos puntais de esquina e cornixa labrada en cantaría con forma de arco de medio punto para albergar o escudo de armas. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares, destacando portasdaire na segunda planta con balcón e varanda interior.
Destacan as chemineas de cantería con remates en pináculo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda en dous andares con muros de cachotaría, portas e ventás con lintel e carpintería de madeira. Destaca na planta alta unha portadaire con balcón en forxa de ferro e un escudo de armas.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de tres alturas e cuberta a dúas augas formada por entramado de madeira con lousa. Os muros son de pedra, revestida en morteiro, con elementos nobres de cantaría nos vans e puntais de esquina. As portas e as ventás do alzado principal rematan en lintel curvo, mentres que as do alzado lateral teñen lintel. Presenta un pequeno soportal de entrada con balconada en forxa de ferro e, a ámbolos dous lados desta última, ventás con galería.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de estilo neoclásico e tres alturas con balcóns, remate de varandas sobre a cornixa e fermosas cúpulas con vans redondos. Destacan as súas ventás e portas de gran altura, especialmente as da última planta, en arco de medio punto.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Antiga capela de comezos do século XX con muros de cantaría e espadana dun só van en arco de medio punto (ao igual que a porta de acceso e as ventás). Presenta escudo na fachada.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda de comezos do século XX de estilo modernista. Posúe dúas plantas e espazo baixo a cuberta. Nun dos seus alzados da planta baixa ten portas e ventás rematadas en arco de medio punto. Na planta segunda hai portasdaire rematadas en frontón triangular. Presenta tamén unha galería de dúas alturas cuberta con lousa.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda de tres alturas con paramentos verticais realizados en cantaría de granito. A porta principal presenta lintel e moldura e posúe tamén portasdaire con balaustradas en forxa de ferro. Destaca na terceira planta unha galería de madeira labrada.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de tres alturas e muros de cachotaría revestidos con morteiro. A porta principal é en arco de medio punto e posúe portasdaire con balcón en forxa de ferro. Ten unha fonte de pedra de planta circular no interior.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda de tres alturas reconstruída recentemente. Só conserva un escudo acuartelado na planta alta e portas e ventás con lintel. Posúe catro portasdeaire con varanda interior nun dos seus alzados.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Vivenda urbana de dúas alturas e aproveitamento baixo a cuberta, que é de lousa, a dúas augas e con bufarda. As portas e as ventás con rectangulares e rematan en lintel curvo. Destacan os balcóns e a galería da segunda planta.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio singular de 1930 e estilo art déco onde destaca a súa gran fachada, que amosa as típicas liñas xeométricas dese estilo. Actualmente está en estado de abandono.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Instalouse no ano 1800 sobre parte do que fora unha antiga casa-fábrica de tecidos fundada no século XVIII. As reformas que o converteron en cine dende 1936 eliminaron a súa distribución orixinal. Hoxe mantense como sala de cine cun anfiteatro elevado.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Hoxe é o Colexio Sagrado Corazón de Xesús, situado na rúa Carlos III. É un palacio do século XVIII que pertenceu á familia Rego Mastache. A finais do XIX foi doado ás irmáns da Caridade para convertelo nun colexio, erguéndose a comezos do XX a capela que ten anexa, de estilo rexionalista.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de planta de catro ángulos cun gran claustro no centro. A igrexa consta dunha nave con falso teito que oculta o primitivo artesoado. Un arco triunfal oxival dá paso ao presbiterio, o claustro forma un cadrado con arcos de medio punto no primeiro piso e o teito é de artesoado sinxelo. O terceiro piso ten dúas ás con arcos abertos e posúe unha cociña monástica do século XVII.
Sobre o lintel de granito da porta de entrada hai unha inscrición que di Haec est domus paupertatis (esta é a casa da pobreza), palabras que mandou poñer Santa Clara na porta dos seus mosteiros.
Do conxunto sobresae a súa magnífica torre de planta cadrada, con dobre arco de medio punto, rematada cunha espadana.
Observacións
Orixinariamente era a sé dunha comunidade de beatos fundado no século XI que con posterioridade se transformou en convento no século XV, como se sabe polos documentos existentes no arquivo do propio templo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Torre barroca de planta de catro ángulos e tres alturas coroada con ameas e muros de cachotaría con revestimento. No lintel da porta principal pode lerse unha inscrición que sinala que a torre se fixo no ano 1701.
Destacan nela unha portadaire e unha balconada de estilo barroco na segunda planta, todo con debuxos barrocos no interior.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Fonte de pedra de planta circular. Na súa parte central sobresae unha especie de columna rematada en pináculo da cal saen os catro canos.
Observacións
Está situada no centro urbano de Ribadeo, na Travesía de Fernando O Santo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Como chegar
Está situada na rúa ribadense do mesmo nome.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio de catro alturas con fachada de estilo neoclásico e portas e ventás con lintel. Presenta semipilastras e entaboamentos dóricos en pedra labrada.
Observacións
Está situado na rúa Clemente Martínez Pasarón, nº 9
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Templo situado na rúa Rinconada de San Francisco que presenta unha nave central cuberta de bóveda sinxela nervada, capela maior, dúas capelas na ábsida e outras dúas máis abertas no cruceiro. O centro do transepto e as dúas capelas da esquerda levan tamén bóveda de nervios con terceletes e ligaduras.
A portada é gótica do século XIV, con catro columnas que teñen capiteis de decoración vexetal, ventá grande da mesma época e torre de estilo neogótico. No lado esquerdo do templo hai unha portada gótica moi semellante á principal, tamén do século XIV e con decoración a base de ángulos e motivos vexetais nos dous capiteis das súas columnas.
Do seu interior destacan os arcos románicos que dan acceso á sala capitular antiga dende o claustro e dous retábulos barrocos do século XVIII.
Observacións
Anteriormente esta era a igrexa de San Francisco, pero dende 1835 leva a advocación de Santa María do Campo, logo de ser abandonada polos franciscanos, que tiñan alí o seu convento.
Crese que foi fundado este por un discípulo directo do propio San Francisco de Asís. Cando o Santo Pobre peregrinou a Santiago de Compostela mandou fundar conventos na muy noble ciudad de La Coruña, en la nobilísima ciudad de Oviedo y en la antiquísima villa de Ribadeo. Hai que ter en conta que Ribadeo era daquela (1214) sé episcopal.
Logo de diversas reformas e co paso dos séculos, a igrexa sufriu moitos avatares, como por exemplo a demolición da espadana que se atopaba sobre o muro do Evanxelio en 1905, no seu lugar construíuse o campanario actual. Ampliouse a igrexa engadíndolle o pórtico e o coro e, por último, a bóveda que era de peche de madeira, por unha bóveda nervada.
Hoxe, do antigo convento franciscano só son orixinarios arquitectonicamente a disposición xeral do plano, o arco do presbiterio, as laxas do chan, os restos do antigo claustro e algún que outro elemento de menor importancia.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio construído en 1935 con base nun proxecto do asturiano Ramiro Sáiz e financiado por D. Ramón González Fernández, dono dos terreos nos que se asentou esta construción de estilo art déco. Destaca nela a decoración xeométrica do seu exterior e a amplitude interior das súas naves cruzadas.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
O núcleo histórico de Ribadeo abrangue unha superficie de máis de 40 hectáreas e sitúase no centro urbano da vila, en contacto coa costa e co porto.
As súas rúas, que se orientan en xeral cara ao nordeste e con pendente pronunciada, concentran gran parte dos edificios arquitectónicos que propiciaron a declaración deste espazo, en 2004, como Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico. Nelas atopamos casas populares de artesáns e mariñeiros xunto con outros edificios de maior rango que testemuñan o pasado florecente da vila (casas de indianos, casas de banca, vivendas de familias de armadores…).
Un dos espazos máis relevantes é o que constitúe o eixe definido polas rúas Vilafranca do Bierzo, San Roque e Clemente Martínez, ao longo do cal se aliñan importantes residencias burguesas de influenza indiana que datan de finais do século XIX e comezos do XX.
Entre os edificios e espazos máis singulares do núcleo vello ribadense hai que mencionar a Aduana vella (XVIII), o convento de Santa Clara (con claustro do XVIII), o castelo de San Damián (XVIII) a igrexa de Santa María do Campo (XIV-XVIII), o pazo de Ibáñez (XVIII), o Cargadoiro (XX) ou a Torre dos Moreno (XX).
A ampliación da vila antiga durante os séculos XVIII e XIX deu lugar ao desenvolvemento do Ribadeo moderno e fixo que xurdisen espazos de relevancia para a súa arquitectura e urbanismo, como é o caso da praza de España.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Edificio neoclásico de finais do século XVIII que foi construído, para vivenda propia, polo insigne Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba, máis coñecido como o marqués de Sargadelos.
Ten planta rectangular e dobre altura máis bufarda con muros de cantaría de granito e cuberta de lousa a catro augas.
Na fachada principal leva catro pilastras con un soportal sobre o que destaca unha gran balconada isabelina con catro balcóns que teñen frontóns triangulares e peches de ferro fabricados en Sargadelos. Sobre estes balcóns poden verse os escudos que fan referencia á vila de Ribadeo.
Observacións
Na actualidade acolle as dependencias da Casa do Concello de Ribadeo.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Antiga praza do Campo, onde se celebraban as feiras e o mercado da vila. O proceso de urbanización que a converteu no principal punto de encontro e de ocio dos cidadáns de Ribadeo iniciouse no século XVIII, cando se plantaron nela os primeiros paseos de árbores.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
A muralla de Ribadeo tiña inicialmente unha finalidade defensiva e comercial que abranguía unha superficie de 4,2 hectáreas. Quedan hoxe algúns restos no barrio de Cabanela, onde se abría a porta do mesmo nome, e fronte a Guimarán.
Segundo afirma Francisco Lanzá en Ribadeo antiguo a muralla podería terse construído na época dos primeiros condes de Ribadeo, a xuzgar pola pedra de armas que había nunha das torres desta fortaleza.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
O edificio máis representativo de Ribadeo foi construído entre os anos 1913 e 1914 por dous irmáns emigrantes (Juan e Pedro Moreno y Ulloa) orixinarios dun pobo da comarca rioxana dos Cameros e bautizado como a torre dos Moreno por ser este o elemento arquitectónico que máis destaca nela. De estilo ecléctico, con ornamentacións propias do modernismo e decoración xeométrico-vexetal da zona dos balcóns, a torre dos Moreno é obra dun arquitecto arxentino (Julián García Núñez) discípulo de Gaudí.
Presenta planta rectangular con cinco alturas e unha estrutura mixta de formigón e ferro que lle confire un carácter moi avanzado para época, algo que tamén se pode atribuír ao feito de que xa contaba daquela con ascensor e cun sistema de recollida de lixo mediante tubos internos.
Destaca especialmente a súa torre, cunha pequena cúpula sostida por catro cariátides e teitume de cerámica vidrada.
Observacións
Os planos e o capital para a súa construción foron traídos de Bos Aires e o obxectivo dela era poñela como casa de renda.
Lugar
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Piñeira
Concello de Ribadeo
Piñeira
Situada no litoral do municipio, Piñeira linda polo norte co mar Cantábrico, polo oeste con Vilaframil, polo sur e por boa parte da súa fronteira oriental con Ove e Covelas (esta última no extremo sudoeste) e polo nordeste con Vilaselán.
Cunha superficie de 5,89 km2 e unha densidade de 61,12 habitantes/km2 posúe unha poboación de 315 habitantes (INE 2024) distribuídos nas entidades de Barreiro (13 habitantes), As Cruces (11), Dompiñor (74), Folgosa (34), A Eirexa (20), O Outeiro (13), Rio (37), Vilar (133), O Morgullón (12), O Alto dos Pinos (12); e no lugar de Arelongo.
A súa costa, moi alta e recortada, presenta multitude de entrantes e saíntes e a altitude media rolda os 36 metros.

Algo de historia
A igrexa, xunto con outros templos próximos, foi doada no ano 1182 por Fernando II ao bispo de Mondoñedo para que se establecese a capital da diocese en Mondoñedo. Algúns historiadores fan saber que o nome desta parroquia ten relación coa posibilidade de que antes nesta zona fose abundante, ademais do carballo, o piñeiro marítimo.
Equipamentos
Escola pública de Piñeira
Local que conta con equipamento informático e acceso gratuíto a internet.
Festas
Santo Cristo
Patrimonio
Vivenda rural de dúas alturas e bufarda. Os muros son de cachotaría revestida en morteiro e as ventás presentan lintel e batente de catro corpos. Destaca a súa porta de acceso en arco de medio punto, que ten na súa parte superior un escudo no que está representado un Cristo.
Lugar
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Castro cuxas estruturas defensivas se atopan na costa e no istmo que conecta a punta Marian coa rasa mariña. Dispón dun parapeto de 5,20 metros de altura que ten diante un foxo situado na parte oeste e outros tres na parte leste.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro.
Lugar
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Fonte de cantaría situada nunha beira do rego dos Tacós.
Lugar
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Templo que dispón dunha cruz parroquial de planta rococó do último terzo do século XVIII, probablemente obra del taller compostelán.
Presenta nave rectangular con falsa bóveda sobre arcos faixóns, bóveda de lunetos no cruceiro e de aresta nas capelas laterais. O frontispicio ten porta con lintel e espadana de tres vans en arcos de medio punto, os inferiores albergan campás. O cruceiro, máis alto que o resto do templo, é cadrado e cuberto a catro augas. Posúe sancristía no lateral norte do presbiterio.
Lugar
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Ove
Concello de Ribadeo
Ove
Ove linda polo nordeste con Ribadeo, tendo parte deste núcleo urbano no seu territorio, e con Vilaselán. Polo norte e o noroeste fai fronteira con Piñeira; polo oeste con Covelas; polo sur con Santalla de Vilausede, co río Grande como elemento conformador de boa parte deste linde; e polo leste co estuario do río Eo.
Cunha superficie de 17,24 km2 e unha densidade de 25,40 habitantes/km2, Ove suma 438 habitantes no seu territorio (INE 2007). Estes, distribúense nos núcleos de As Aceñas (7 habitantes), Acevedo (5), A Capela (6), As Casas Novas (10), O Covo (7), A Faxarda (31), Frieira A Nova (18), Frieira A Vella (5), Os Garitos (29), A Graña (14), Os Guildeiros (1), A Eirexa (36), Chao (27), A Palmeira (62), Pastoriza (22), Reme de Abaixo (15), O Río de Ove (5), O Río de Ramos (abandonado), Santa Cruz (17), O Valín (2), Vilar (1 habitante), Os Malatos (8), O Río Pequeno (12), A Veigadaira (33), Seixadelo (3), O Chao de Ove (49), A Estación (13); no seu territorio aparecen tamén os seguintes lugares formando parte dalgunha das devanditas entidades: A Escaleira, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín
Ten unha altitude media de 40 metros.

Equipamentos
Telecentro de Ove
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que conta cun equipamento informático completo, de 12 ordenadores con conexión a internet.
Festas
Día da gaita ou Xira de Santa Cruz
San Xoán
Santa Cruz
Patrimonio
Capela de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Os muros, de cachotaría, están revestidos en morteiro. A porta ten lintel e van que permite a iluminación interior. Tamén posúe espadana sinxela con remates en punta de diamante.
Está ben conservada, aínda que se empregaron materiais modernos na súa última reparación (1998).
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Esta capela está documentada no ano 1805. Foi reparada en 1989, realizándose diversos cambios, como a desaparición do pórtico que se atopaba entre dúas antas e que foi engadido á única nave que ten capela e así mesmo a desaparición da sancristía, que tamén foi engadida á nave.
Presenta nave de planta rectangular con muros de cachotaría revestidos en morteiro e pintados. A cuberta é a dúas augas e o beiril a tres, os dous formados por entramado de madeira. Sobre o beiril ten unha cruz en relevo con todos os brazos iguais. Posúe porta don lintel e vans a ambos lados da mesma con xambas en derrame. A espadana é sinxela, dun só corpo e rematada cunha cruz.
Observacións
Sitúase no monte do mesmo nome, dende onde se pode observar boa parte da ría, da costa e das poboacións máis próximas, algo que fai moi recomendable a súa visita.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Capela de nave única separada do presbiterio por un arco de asa de canastra e cuberta a dúas augas. A espadana, dun só corpo, posúe van de medio punto para a campá. Os muros están revestidos en morteiro e branqueados.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Capela de nave de planta rectangular con torres en forma de cubo nos catro ángulos e o centro dos muros laterais. A cuberta, a dúas augas, non se atopa en bo estado.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Edificio de planta rectangular construído en dúas alturas con muros revestidos en morteiro, portas e ventas con lintel e carpintería de madeira e tres portasdaire con balconada interior na segunda planta.
Posúe unha gran inscrición no seu alzado principal.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Edificio de planta rectangular e dúas alturas. Presenta muros de cachotaría con revestimento de morteiro e cuberta a catro augas. A porta de acceso ten lintel e as ventás son rectangulares con batente en catro corpos. Presenta pequenos vans rectangulares nun dos seus alzados e portasdaire na planta alta.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Xacemento que consta dun recinto principal que ao noroeste ten un terraplén e ao sudoeste estruturas defensivas. A súa coroa está defendida por dous parapetos nos que hai dous foxos.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro romana.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Templo do século XVII con varias reformas posteriores. Posúe nave rectangular con cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira con falso entaboamento interior. O frontispicio ten espadana de dous vans e pórtico protector.
Destaca no seu interior o retablo rococó do presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais hai outros dous do mesmo estilo.
Observacións
Atópase situada no centro do pobo e acompañada, moi de preto, por varios hórreos e casas típicas da zona.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
Muíño de mar situado na enseada do mesmo nome. Aínda que non hai ningún documento que o confirme, poderíase fixar a súa antigüidade entre cincocentos ou seiscentos anos, segundo o seu propietario actual. Consiste nun muro de contención do mar, moi deteriorado, que non pecha por completo a enseada, e do propio muíño onde se sitúa o rodete.
Lugar
Parroquia: Ove (San Xoán)
A Devesa
Concello de Ribadeo
A Devesa
Situada no extremo noroeste do concello, A Devesa limita polo norte co Mar Cantábrico; polo oeste, e co rego do Pernón como fronteira, co municipio de Barreiros; polo leste coas parroquias de Rinlo e Vilaframil e polo sur coas de Arante e Covelas.
A súa extensión, de 20,74 km2, convértea na parroquia con maior territorio do municipio. Presenta unha densidade de 29,45 habitantes/km2 e suma 603 (INE 2007) habitantes nas entidades de Cinxe (88 habitantes), Liñeiro (abandonado), Meirengos (55), Noceda (45), A Pedreira (31), O Rato (125), A Rochela (74), Vilagoíz (63), Vilandriz (89), Barrio Novo (6) e O Barral (31).
Esta parroquia concentra o maior número de praias do municipio (As Catedrais, Esteiro, Os Castros…).

Algo de historia
A presenza de restos de castros no lugar de Meirengos, datados do neolítico superior segundo cita Francisco Lanza Álvarez en Ribadeo antiguo, dá conta da existencia de asentamentos castrexos na Devesa.
Equipamentos
Campamento xuvenil da Devesa
Albergue integrado na Rede Española de Albergues Xuvenís e na Federación Internacional de Albergues Xuvenís. Está aberto nos meses de xullo e agosto e xestionao a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Dispón de 250 prazas (75 no albergue e 175 en tenda de campaña), cociña, cuartos de seis camas, sala de usos múltiples e instalacións deportivas.
Pista polideportiva de Cinxe
Teleclube de Cinxe
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Teleclube de Noceda
Festas
San Ramón
Santalla (A Devesa)
Praias
As Catedrais
As Illas
Esteiro
Os Castros ou Marbadás
Xuncos
Patrimonio
Capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas formada por entramado de madeira e muros de cachotaría revestidos. Porta de acceso con arco de medio punto e van que permite a iluminación interior do templo. A espadana, pequena e de frontón de un só van, remata en cruz latina.
Do seu interior destaca o retablo renacentista do século XVII.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Construción de planta rectangular situada nun cruce de camiños do Barrio da Campana. Presenta muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con elementos ornamentais na cornixa e espadana dun só van sobre a entrada principal. O van no que está a campá é de arco de medio punto e remata en pináculos. A porta é rectangular e remata en lintel curvo que ten un van que permite a iluminación interior do templo.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Capela de propiedade privada con planta rectangular, muros de cachotería con elementos nobres de cantaría en vans e puntais de esquina. Presenta espadana dun só corpo con un van de arco de medio punto para a campá. A porta ten lintel e destacan elementos ornamentais nos laterais da fachada.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Capela de comezos do século XX situada no cemiterio. Posúe espadana e bóveda de canón sobre arcos faixóns.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de estilo arquitectónico autóctono construída en 1920. Trátase dun conxunto de edificios no que dous deles se unen para formar a vivenda propiamente dita.
Observacións
O seu promotor foi José Acevedo Martínez.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Vivenda de planta baixa e alta con muros de cachotaría revestidos con morteiro e cuberta de lousa a catro augas. As portas e ventás teñen linteis e presenta un escudo na fachada.
Como chegar
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Construción popular de planta rectangular en dous andares. Presenta cuberta a catro augas con cuberta de lousa e muros de cachotaría con revestimento de morteiro.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana construída en 1830 e de estilo arquitectónico autóctono. Trátase dunha sinxela casa labrega que foi enriquecida con algúns elementos ornamentais na procura de certa distinción.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de construción sinxela e convencional con planta baixa, alta e espazo baixo a cuberta. Carece de elementos ornamentais.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de planta rectangular e estilo indiano construído con dúas alturas. Presenta cuberta a tres augas con lousa e soportal cuberto na fachada principal. Este presenta pilastras e balaustrada igual á empregada no peche do terreo. Encima do soportal hai un balcón con balaustrada e cuberta a dúas augas. As portas e as ventás teñen linteis.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de planta rectangular construído en dúas alturas con tellado a duas augas cuberto con lousa e pináculos como elementos decorativos. Os muros son de cachotaría revestidos en morteiro con elementos nobres en cantaría na porta principal. As portas e as ventás teñen lintel e destaca na segunda planta unha portadaire. Presenta un miradoiro sobre a cuberta e escudo de armas na fachada.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana do ano 1920 e de estilo ecléctico. Chama a atención polas súas xenerosas dimensións, así como polo repertorio decorativo da súa fachada principal.
Observacións
O seu promotor foi o irmán de Ramón Maseda Villamil.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de 1926.
Observacións
O seu promotor foi o irmán de Manuel Fernández López, emigrado en Cuba.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana construída en 1926. Trátase dun edificio de estilo colonial que constitúe o máis completo expoñente da influenza americana na produción indiana.
Observacións
O seu promotor foi Manuel Fernández López.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de dous andares e planta de catro ángulos con cuberta a dúas augas de lousas. Destaca no segundo andar unha portadaire con balcón de ferro. As portas e ventas teñen lintel e carpintería de madeira.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de estilo ecléctico con trazos coloniais e construída en 1924.
Observacións
O seu promotor foi Ramón Maseda Villamil.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Castro de morfoloxía irregular (por adaptación á morfoloxía do terreo) que ten tres foxos na parte occidental e cuxa coroa, separada por un foxo, se atopa nun terraplén reforzado por un muro exterior. Na parte oriental aproveita o desnivel do río Cabalar e ten un parapeto.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro e romana.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Xacemento moi alterado por una construción. Ao norte e ao oeste a súa defensa é o cantil mentres que ao sur ten un parapeto de tres metros de altura. Fora deste recinto atopáronse fragmentos de outros parapetos e diversos materiais (cerámica romana, moedas romanas, sepulturas…).
Observacións
Está adscrito á idade de ferro e romana.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Cruz de pedra de escasas dimensións colocada sobre un piar de cachotaría con revestimento de morteiro.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Templo do século XVI con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos nos que está dividida. Posúe presbiterio, sancristía e cruceiro con cúpula octogonal, máis elevada que a igrexa, sobre catro arcos torais. Os brazos do cruceiro presentan bóveda de nervios sinxela.
No seu interior destacan un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do século XVIII.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Conxunto de tres túmulos. O de maior tamaño ten unha altura de 1,70 metros, outro arredor de 1,50 e o terceiro, o máis pequeno, ten aproximadamente 0,60 metros.
Observacións
Este xacemento pertence ao neolítico e está situado no lugar coñecido como Pena do Gato.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Covelas
Concello de Ribadeo
Covelas
Covelas está situada no sector central do municipio. Limita polo norte con Vilaframil, A Piñeira e A Devesa, parroquia que se estende tamén por boa parte da súa fronteira occidental (onde tamén atopamos a Arante). Polo leste, Ove ocupa a maior parte do seu límite, a excepción do sector sueste, onde o río Grande actúa como linde con Santalla de Vilausende. Polo sur este mesmo río marca tamén a fronteira coa parroquia de Cedofeita, e ao sudoeste o rego Lexoso fai o mesmo coa de Arante.
Ten unha superficie de 15,21 km2, unha densidade de 29,77 habitantes/km2 e unha poboación de 330 habitantes (INE 2024) que se distribúe en 19 entidades: As Anzas (72 habitantes), Os Batais (11), Os Carboeiros (8), Celeirós (5), O Esfolado (16), Marelle (12), A Ponte (7), Reme de Arriba (14), Sa (29), Salcedo (29), San Vicente (73), O Vilar (20), Vilela (101), A Cabana (4), A Capela (2), A Casa da Hedra (13), O Pousadorio (abandonado), A Silveira (abandonado), e Somo (6 habitantes); conta tamén co lugar do Mondigo.
Aínda que Covelas presenta unha altitude media de 160 metros é aquí onde se atopa o punto máis elevado de Ribadeo: o Monte Mondigo, con 571 metros de altitude, conforma neste caso o teito do municipio.
Esta parroquia, xunto coas de Arante e Santalla de Vilausende, concentra a maior parte da produción agrícola e gandeira do concello.

Algo de historia
Covelas aparece documentada como Covellas en textos da alta idade media, aínda que no ano 1488 aparece como Cubelas, nome castelán que aínda convive na actualidade co de Covelas.
Equipamentos
Escola das Anzas-Local de Ensaio
Local de Ensaio integrado na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.
Escola de Covelas
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Escola de Vilela
Polideportivo de Covelas
Festas
San Vicente
Virxe das Dores
Patrimonio
Pequeno templo de planta rectangular con espadana dun só van sobre a fachada principal e sancristía á dereita do presbiterio.
Lugar
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Construción rústica de pedra de lousa con pórtico sinxelo na fachada e sen campanario. Na portada presenta dúas ventás con reixa aos lados da porta.
Lugar
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Sinxela construción popular de muros recubertos de formigón e cuberta a dúas augas de lousa e limas en tella curva. Presenta espadana cun só van no alzado principal.
Lugar
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Vivenda de planta rectangular, dúas alturas e muros de cachotaría con revestimento de morteiro. A cuberta é de catro augas con lousa e limas de tella curva de cerámica. Tanto a porta de acceso como as ventás posúen lintel. Neste conxunto destaca especialmente a bufarda da súa planta baixa.
Lugar
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Templo amplo de tres naves separadas por arcos que descansan sobre piares e pilastras das que parten arcos faixóns ás tres naves. A nave central cóbrese con bóveda de lunetos e as laterais con bóvedas de aresta.
Lugar
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Xunta de Portavoces
Concello de Ribadeo
Xunta de Portavoces
A Xunta de Portavoces, órgano deliberante e consultivo do Concello de Ribadeo, está presidida polo alcalde e integrada polos portavoces dos partidos políticos integrados nos grupos municipais que teñen representación no pleno municipal: BNG, PP e PsdeG-PSOE.
O seu regulamento interno indica que:
Cando o alcalde asuma o carácter de portavoz do seu grupo no pleno non existirá nesta Xunta outra persoa representante da mesma formación política.
A Xunta de Portavoces quedará constituída, por resolución do alcalde, tan pronto como se teña formalizada a designación dos/as seus/súas integrantes.
As posibles modificacións da súa composición terán que axustarse ao mesmo trámite cá súa constitución.
Entre as súas funcións máis importantes sinálanse as seguintes:
Correspóndelle á Xunta de Portavoces, con carácter xeral examinar a orde do día ou asuntos específicos do mesmo, das sesións ordinarias ou extraordinarias do pleno municipal cando non fora posible a convocatoria ou celebración da comisión informativa correspondente ou a natureza do asunto o requira e, en particular, de ser o caso, as seguintes cuestións:
Determinar os asuntos incluídos na orde do día sobre os que se vai a establecer debate.
Establecer a orde de intervención dos grupos.
Fixar os tempos no debate.
A recepción da dación de conta pola alcaldía das contratacións laborais efectuadas por razóns de urxencia e interese público sen seguir o procedemento xeral establecido, conforme ao disposto nas bases reguladoras
A Xunta de Portavoces pronunciarase, con carácter xeral, naqueles casos nos que por razóns de axilidade no funcionamento administrativo se considere conveniente, e cando exista a urxencia para a adopción de acordos de interese que non permitan a convocatoria das Comisións Informativas correspondentes
Poderá ser tratada pola Xunta de Portavoces, ademais, calquera outra cuestión relacionada co funcionamento das sesións do pleno municipal, ou que este órgano lle encomende.
A Xunta de Portavoces poderá ser convocada tanto a iniciativa da alcaldía como a proposta de cando menos dous membros da Xunta de Portavoces da Corporación.
De cada reunión desta Xunta a Secretaría Xeral da Corporación deberá levantar acta conforme ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Composición
Daniel Vega Pérez: Presidente
Portavoz do BNG: Pablo Vizoso Galdo
Marta García Rey: Portavoz do PSdeG-PSOE
Servizos municipais
Concello de Ribadeo
Servizos municipais
Consulta os datos de contacto e horarios de atención ao público das diferentes dependencias municipais, así como de cada un dos departamentos que operan nelas:
Praza de España, 1, 27700 Ribadeo
Teléfonos: 982 128 650 / 982 120 701
Correo electrónico: ribadeo@ribadeo.gal
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Departamentos
Alcaldía: alcaldia@ribadeo.gal
Servizos Xerais Administrativos: ribadeo@ribadeo.gal
Informática: informatica@ribadeo.gal
Urbanismo: arquitecto@ribadeo.gal
Área de Rehabilitación: rehabilitacionribadeo@ribadeo.gal
Área de Desenvolvemento Local: adl@ribadeo.gal
Teléfono: 982 128 650
Servizos Económicos: tesoreria@ribadeo.gal – intervencion@ribadeo.gal
Policía Municipal: policialocal@ribadeo.gal. Teléfono: 689 550 055
El Viejo Pancho, 12, 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 131 565
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Departamentos
Cultura e educación: cultura@ribadeo.gal
Normalización lingüística: cultura@ribadeo.gal
Antonio Otero, 15, 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 129 889
Horario: Luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00 horas. Martes e Xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 horas.
Departamentos
Mocidade: omix@ribadeo.gal
Deportes: deportes@ribadeo.gal
Aula CeMIT Ribadeo: cemit.ribadeo@xunta.gal / 982 120 732 – Luns-Venres: 09:00 – 13:30
Buenos Aires, 14, 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 808
Fax: 982 120 888
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Departamentos
Igualdade: cim@ribadeo.gal
Servizos Sociais: ssociais@ribadeo.gal
Oficina de Atención ao Inmigrante: ssociais@ribadeo.gal
Educación Familiar: edufam@ribadeo.gal
Servizo de drogodependencias: drogodependencias@ribadeo.gal
Teléfonos: 982120808 – Fax: 982120888
Dionisio Gamallo Fierros, 7
27700 Ribadeo
Telefonos: 982 128 689
Fax: 982 120 809
Correo electrónico: omic@ribadeo.gal
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Dionisio Gamallo Fierros, 7, 27700 Ribadeo
Telefono: 982 128 689 / 982 120 809
Correo electrónico: turismo@ribadeo.gal
Horario de inverno é de luns a sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Horario de verán é de luns a domingos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Antonio Otero, 17, 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 230
Correo electrónico: biblioteca@ribadeo.gal
Horario de inverno é de 10:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.
Horario de verán é polas mañás de 09:00 a 14:00 horas.
Casa do Mar
Clemente Martínez Pasarón, s/n, 27700 Ribadeo
Teléfonos: 982 130 856 / Fax: 982 120 589 / esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es
Jose Vicente Pérez Martínez, 2, 27700 Ribadeo
Horario: de 8:00 a 15:00 horas.
Alfredo Deaño, 7, 27700 Ribadeo
Avenida de Luarca, s/n, 27700 Ribadeo
Avenida de Luarca, s/n
27700 Ribadeo
Pintor Fierros, s/n, 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 130 141
Correo electrónico: ribadeo@serviocio.es
Horario de inverno: (do 1 de outubro ao 31 de maio) é de luns a venres de 7:45 a 14:00 horas e de 16:30 a 22:30 horas, os sábados de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.
Horario de verán: (do 1 de xuño ao 30 de setembro) é de luns a venres de 7:45 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:30 horas, os sábados de 9:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas e está pechada os domingos e festivos.
O Valín, 27713 Ove
Teléfono: 664 00 09 32
Horario: de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:30. Os sábados de 9:00 a 13:00 horas.
Rúa da Fraga 24, 15500 Fene
Teléfono de atención ao cliente; 982 131 241
Teléfono de Avarías: 619 308 799 (dispoñible 24 horas ao día)
www.viaqua.gal
Monte de Santa Cruz, 2, 27713 Ove
Horario: Do 5 de abril ao 5 de novembro de 9 a 20 h / Do 6 de novembro ao 4 de abril de 9 a 18 h.

