OMIC
Concello de Ribadeo
OMIC
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), como administración máis próxima ao cidadán, considérase un dos elementos esenciais para conseguir unha transparencia do mercado e eficacia do exercicio nos dereitos dos consumidores. A súa finalidade é informar, orientar e educar aos consumidores para o adecuado exercicio dos seus dereitos.
A OMIC atenderá e tramitará as queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos e a promoción e información sobre o Sistema Arbitral de Consumo
OMIX
Concello de Ribadeo
OMIX
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é un servizo público e de balde que quere poñer a disposición da xuventude a información e documentación sobre calquera dos temas que poidan ser de interese para este colectivo.
Na OMIX poderás obter información sobre actividades culturais e deportivas, becas e axudas, accións municipais (campamentos de verán, exposicións, charlas…), expedición do carné xove e , en xeral, calquera cuestión que interese e afecte á xuventude que visita a Oficina.
Servizos Económicos
Concello de Ribadeo
Intervención
A intervención é a función pública de contabilidade e control interno da xestión económico- financeira do Concello.
A función de contabilidade comprende o desenrolo da contabilidade e do seguimento da execución presupostaria segundo as normas xerais e propias.
A función de control lévase a cabo mediante a función interventora, de control financeiro e de control de eficacia.
- No exercicio da función interventora, fiscalízanse os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións, os ingresos e pagos, e a recadación, inversión e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa que se debe aplicar.
- Por outra banda, a función de control financeiro comproba o funcionamento económico- financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes.
- Por último, o control de eficacia comproba de forma periódica o cumprimento dos obxectivos, a análise do custo de funcionamento e o rendemento dos servizos e inversións.
Tesoureria
Que é a Tesourería?
É o departamento do Concello no que se realiza o control, manexo e custodia dos fondos, valores e efectos do mesmo. O Servizo de Recaudación do Concello, baixo a dirección da Tesourería, encárgase da recadación dos tributos municipais e outros ingresos de dereito público.
Que funcións realiza?
- Servizo de Caixa
- Realización de todos os pagos do Concello.
- Xestión de cobro das autoliquidacións.
- Recadacións dos ingresos cuxa xestión directa non corresponde ao Servizo de Recadación
do Concello. - Xestión de avais e outras garantías que deban consignarse no Concello.
Datos para FACe:
- Código da oficina contable: L01270517 Intervención
- Código do órgano xestor: L01270517 Alcaldía
- Código da unidade de tramitación: L01270517 Rexistro Facturas (Intervención)
Rexistro
Concello de Ribadeo
Rexistro
O Concello de Ribadeo dispón dun Rexistro Electrónico Xeral, no que se fai o correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo, Organismo público ou Entidade vinculado ou dependente a estes, e dunha oficina de asistencia en materia de rexistros na que se poden presentar de forma presencial os escritos e documentos dirixidos ao Concello de Sarria e ao resto das Administracións Públicas, na que se dixitalizarán os documentos presentados, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo de aqueles supostos nos que a norma determina a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptíbel de dixitalización.
No Catálogo de trámites da sede electrónica do Concello de Ribadeo pódense descargar as instancias dos distintos procedementos administrativos e tamén tramitalos electronicamente.
Horarios
Concello de Ribadeo
Horarios
Concello de Ribadeo
Horario de atención o público:
09:00 – 14:00.
Oficina de Turismo
Mañás: 10:00 – 14:00.
Tardes: 16:00 – 19:00.
Luns: pechada.
Policía Local
Aberto 24H.
Teléfono: 689 55 00 55
Biblioteca El Viejo Pancho
Mañás: 10:00 – 13:00
Tardes: 16:30 – 19:30
Casa da Xuventude (OMIX)
Servizo de Deportes
Luns/Mércores/Venres: 09:00 – 14:00.
Martes/Xoves: 09:00 – 13:30. 16:00 – 18:30.
Servizo de Cultura
09:00 – 14:00.
Servizos Sociais, CIM, Drogodependencias, Educadora Familiar, Oficina Atención o Inmigrante
09:00 – 14:00.
Xulgado de Paz
09:00 – 14:00.
Oficina información o consumidor (OMIC)
09:00 – 14:00.
Escola Municipal de Música e Danza
Punto Limpo
Luns a venres: 09:00 – 13:00. 16:00 – 18:30.
Sábados: 09:00 – 13:00.
Xunta de Goberno
Concello de Ribadeo
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local está formada polo conxunto dos/as concelleiros/as designados polo alcalde, presididos por este e asistidos pola Secretaría Xeral da Corporación. O pleno do Concello acordou delegar neste órgano as seguintes atribucións:
- Outorgamento de licencias urbanísticas para os actos de edificación, uso do solo ou subsolo segundo a numeración recollida no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Proteccion do Medio Rural de Galicia, artigo 10 do Regulamento de Disciplina Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, para o desenvolvemento da Lei do solo de Galicia e disposicións concordantes do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo; así como o outorgamento das licenzas de actividades sometidas a avaliación ambiental, agás que por razóns de urxencia e interese público se avoque a competencia delegada cando non sexa posible a realización de Xunta de Goberno Local e co fin de cumprir co disposto no artigo 196. 2 da citada Lei 9/2002.
- Liquidacións tributarias derivadas do outorgamento das anteriores licenzas urbanísticas.
- Exencións e bonificacións en expedientes tributarios e de prezos públicos.
Así mesmo o pleno acordou delegar tamén na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias do pleno:
- Aprobación/informe/renovación do padrón municipal de habitantes
- Emisión do informe municipal, de ser preceptivo, para actuacións urbanísticas en Solo rústico (Lei 9/2002, de 30 de decembro).
- Declaración de ruína non inminente segundo o artigo 201 da Lei do Solo de Galicia.
- Adquisicións de bens derivados de cesións urbanísticas cando o seu valor exceda dos atribuídos como competencia da alcaldía.
- Resolución de expedientes vinculados coas licenzas municipais de auto-taxis: creación e amortización de prazas, concesión e revocación de licenzas, autorización, cambio de vehículos, autorización de prestación de servizo mediante asalariados, incoacións e resolución de expedientes sancionadores e todos aqueles derivados da Ordenanza Municipal do Servizo e do Regulamento Nacional de Transportes en Automóbiles Lixeiros.
- Asuntos derivados da Praza Municipal de Abastos conforme á súa ordenanza reguladora.
Composición
A Xunta de Goberno Local, baixo a presidencia do alcalde, Daniel Vega Perez, está composta por concelleiros/as dos grupos políticos con maior representación nas eleccións:
- Montserrat Seijo Diaz (PP)
- Begoña Sanjurjo Santar (PP)
- Marta Maria Saiz Garcia (PP)
- Diego dos Santos Rodriguez (PP)
Réxime de sesións
Este órgano celebra as súas sesións ordinarias o primeiro e terceiro martes de cada mes.
No caso de que estas datas coincidan cun día festivo, ou se non se puidese levar a cabo a sesión por unha causa xustificada, esta convocaríase para o seguinte día hábil.
O horario das sesións, para todo o ano, quedou fixado para as 20:00 horas.
Urbanismo
Concello de Ribadeo
Urbanismo
Favorecer a utilización racional e sostible do espazo que habitamos, protexer o medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e contribuír ao equilibrio territorial. Os obxectivos marcados polo goberno ribadense en materia de urbanismo e ordenación do territorio requiren dunha serie de normas e recursos sen os cales non sería posible materializar estes fins.
Á declaración da zona antiga da vila de Ribadeo como Área de Rehabilitación Integral, un recoñecemento que permitiu xa o desenvolvemento de importantes rehabilitacións de inmobles, o goberno local agarda sumarlle moi pronto a aprobación dunha norma básica para a ordenación integral do seu territorio, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Neste espazo podes coñecer polo miúdo todo o que precisas saber acerca do estado actual destas dúas figuras e do deseño das políticas urbanísticas do Concello de Ribadeo
Trámites
Este trámite é preciso para que os cidadáns e cidadás que vaian a abordar unha obra nos seus fogares, establecementos comerciais… solicitar a licenza municipal que os autorizará para abordar ese labor.
Dirixido:
Toda a cidadanía que desexe levar a cabo obras e/ou instalacións nos seus domicilios, establecementos comerciais, propiedades…
Documentación:
En todos os casos será preciso entregar a seguinte documentación:
- Plano de situación (Plan Xeral de Ordenación Municipal)
- Plano de emprazamento (con distancias a posibles camiños, pistas, etc.)
- Liquidación: imposto e taxas
No caso de obras menores será preciso entregar tamén:
- Proxecto técnico (non é necesario visado)
- Memoria das obras ou instalacións a realizar
- Presuposto por escrito
- Estudo básico de seguridade e saúde subscrito por un técnico competente (non é necesario visado)
- Plano de planta e alzados (se procede e segundo o caso)
- Para o caso de reparacións ou reformas en edificacións pre-existentes (licenza de obra ou título que acredite a existencia.)
Para as obras maiores compre entregar:
- Título de propiedade
- Proxecto técnico debidamente visado
- Estudo de seguridade e saúde visado
- Impreso de estatística de edificación
- Volantes ou comunicacións do Colexio Oficial coa dirección de obra de Arquitecto e aparellador ou arquitecto técnico
No caso de obras no núcleo antigo será necesario entregar tamén 2 fotografías da fachada e/ou zona na que se vai actuar. No dos edificios para vivendas colectivas as persoas interesadas deberán presentar o Proxecto de ICT.
Para a realización de muros de peche, será preciso indicar os metros lineais que vai ter.
Petición de informe urbanístico
As persoas interesadas en obter unha certificación urbanística (relativa a información sobre alturas, volumes, edificabilidade…) deben facelo a través da solicitude anexa.
Documentación: Para realizar este trámite é obrigatoiro acompañar a solicitude correspondente da seguinte documentación:
- Plano a escala de situación, con distancias a posibles camiños, pistas ou estradas, do terreo que é obxecto de consulta (por duplicado)
- Fotografías, no seu caso
Rendemento do abastecemento de auga potable
Concello de Ribadeo
Rendemento do abastecemento de auga potable
A porcentaxe de perda auga no sistema de abastecemento de auga potable do Concello de Ribadeo durante o ano 2023 foi dun 39,61%
Limpeza de ríos e regos por parte de veciños
Concello de Ribadeo
Limpeza de ríos e regos por parte de veciños
O Concello de Ribadeo conta cunha autorización xenérica para realizar traballos de retirada de árbores secas e corta e poda de vexetación en ríos e regos do termo municipal que son competencia da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, é dicir, os que desembocan no río Eo ou na ría de Ribadeo. Aquelas persoas que desexen facer uso desta autorización deben presentar unha comunicación no Concello de Ribadeo seguindo o formulario establecido, o cal se xunta á marxe dereita.
Por outra banda, os ríos e regos que desembocan na costa, no mar Cantábrico, resultan da competencia de Augas de Galicia. Neste caso, á hora de realizar estes traballos menores de limpeza de ríos e regos, a xestión administrativa necesaria debe realizarse directamente ante o organismo autonómico: augasdegalicia.xunta.gal
Queima de restos vexetais
Concello de Ribadeo
Queima de restos vexetais
A ORDENANZA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E A SALVAGARDA DAS CONDICIÓNS DE LIMPEZA, ORNATO, SALUBRIDADE E SEGURIDADE DOS TERREOS POLA QUE SE REGULAN AS PLANTACIÓNS ARBÓREAS, AS OBRIGAS DE XESTIÓN DE BIOMASA E OS USOS DO LUME NO SOLO URBANO, DE NUCLEO RURAL E URBANIZABLE DO CONCELLO DE RIBADEO, no seu capítulo III, regula o uso do lume en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable no termo municipal de Ribadeo.
Así, poderanse queimar restos vexetais procedentes de hortas e xardíns en solo urbano, de núcleo rural e solo urbanizable, cos debidos coidados, debendo ser comunicado previamente ao Concello de Ribadeo a través do Anexo I desta Ordenanza.
Non obstante, queda prohibida calquera tipo de queima en época declarada de perigo alto de incendio e, fóra desta época, cando o índice de risco diario de incendio sexa alto, moi alto ou extremo.
O uso do lume nas festas festas locais ou de arraigada tradición popular dentro de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable requirirá autorización previa do Concello, na cal figurarán, en todo caso, as medidas de seguridade e prevención de incendios forestais.
As queimas en solo rústico son competencia da Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural.
Requisitos:
Á hora de facer uso do lume en solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable deberá, cando menos, respectarse as seguintes medidas preventivas:
- A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.
- Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
- Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.
- Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
- Concello de Ribadeo poderá suspender temporalmente as comunicacións de queima, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
- A comunicación de queima non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas a que houbera lugar no caso de producirse un incendio forestal ou calquera outro tipo de afección negativa polo uso do lume cando concorra neglixencia ou imprudencia.
Lugar de solicitude:
A comunicación (Anexo I), debidamente cuberta, debe entregarse nas Oficinas Municipais (en horario de 9:00 a 14:00 horas).
En solo rústico a queima de restos vexetais deberá tramitarse ante a Consellería do Medio Rural, a través da web queimasweb.xunta.gal ou do teléfono 012.