Os usuarios do Centro de Día A Concordia gozaron hoxe dos Recantos de Taberna.

Os usuarios do Centro de Día A Concordia gozaron hoxe dos Recantos de Taberna.

Os usuarios do Centro de Día A Concordia gozaron hoxe dos Recantos de Taberna, unha actividade organizada pola propia instalación e coa que colaborou o Concello de Ribadeo. 

A concelleira Marta Saiz dixo que “foi un pracer acompañar aos usuarios do Centro de Día A Concordia nestes Recantos de Taberna. Foi unha xornada moi emotiva e festiva. Agradece ás traballadoras do centro a organización desta actividade e o cariño e a dedicación coa que realizan o seu traballo diario”.

Para a edil ribadense “con iniciativas como estas os nosos maiores tamén son partícipes das actividades de Ribadeo en horarios adaptados ás súas necesidades. Agradecer aos compoñentes dos diferentes grupos de Cantos de Taberna por achegarse e participar nestes Recantos de maneira altruísta, ás familias e ás veciñas e veciños que os quixeron acompañar así como aos locais que nos acolleron de maneira tan agarimosa”.

E engadiu: “desde o Concello seguiremos apoiando e colaborando con iniciativas como esta, pensadas desde o cariño e a empatía para os nosos maiores”. 

Ir o contido