Os residentes así como as persoas con praza de garaxe ou negocios no treito peonil de Ramón González deben proceder a renovar as súas tarxetas de acceso a esta rúa.

O Concello de Ribadeo informa que todas as persoas que teñan prazas de garaxe e negocios ou que residan na rúa Ramón González, no treito peonil comprendido entre Doutor Moreda e San Roque, deben proceder á renovación das súas tarxetas de acceso.
Desde a Policía Local explican que “aquelas persoas que teñan as tarxetas expedidas antes do ano 2022 deben renovalas, así como aquelas que cambiasen algúns dos seus datos: novo coche, nova moto, por poñer algúns exemplos”.
E engaden: “as cámaras de seguridade instaladas en Ribadeo gravarán as entradas e saídas e procederán a identificar e a denunciar a aqueles condutores que non dispoñan de tarxetas de acceso a esta rúa peonil”.
A expedición e renovación de tarxetas realizarase nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo a partir do vindeiro luns, 13 de outubro. Desde ese momento abrirase un prazo de 10 días para facer estes trámites.

