Os presidentes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, Alfonso Rueda e Adrián Barbón, izaron hoxe a bandeira de Ribadeo.

Antes no Salón de Plenos do Concello asinaron no libro de honra e leron a dedicatoria para os presentes. Rueda escribiu: “poucos lugares simbolizan como Ribadeo o que hoxe nos trae aquí: unha vila profundamente galega, pero cos brazos sempre abertos aos nosos irmáns asturianos. Moitísimas gracias a Adrián Barbón por ter sempre esa predisposición e cariño a Galicia e ao alcalde, Daniel Vega, por reunirnos aquí”. Pola súa banda, Barbón deixou plasmadas as seguintes liñas: “en mi primera visita institucional al Ayuntamiento de Ribadeo, porque en otras ocasiones vine por otros motivos, concello que conozco tan bien y al que tanto quiero de nuestra hermana tierra de Galicia, acompañado del presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y del alcalde, Daniel Vega, en un día importante pues se procederá al izado de la bandera oficial del concejo en un marco incomparable y en el que somos conscientes que el Eo y el puente nos unen, no nos separan, no puedo dejar de transmitir emoción y gratitud. Emoción porque conozco bien estas calles y gratitud porque aquí los asturianos nos sentimos como en casa. Un último recuerdo para el presidente Calvo-Sotelo en el centenario de su nacimiento”.
Ambos presidentes recibiron de mans do alcalde, Dani Vega, un agasallo do Concello de Ribadeo. A continuación baixaron á Praza Pancho Maseda, onde procederon ao izado da bandeira ribadense. Soaron os himnos de ambas terras: Asturias e Galicia.
Asistiron ao acto o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, a vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, así como deputados provinciais e autonómicos, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo, conselleiros, senadores e representantes de diferentes entidades e colectivos.

