O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, de A Ponte de Arante, acolleu esta mañá o acto conmemorativo do X Aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.

O acto comezou co descubrimento da placa conmemorativa do 10º aniversario dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que recolle unha frase de Álvaro Cunqueiro “a Compostela achégase un como quen se achega a un milagre”. Xa dentro da igrexa tomou a palabra Begoña Sanjurjo, a concelleira de Cultura. Despois  foi proxectado un vídeo para poñer en valor o Camiño de Santiago e tamén o Camiño Norte como fonte viva e activa de peregrinos cara Compostela. A continuación tivo lugar a quenda de intervencións: Ángel Trabada, vicepresidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago; Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol; José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, e Dani Vega, alcalde de Ribadeo, que apostou por impulsar o Camiño Norte dun xeito colectivo e subliñou que é un motor económico importante e esencial para os concellos polos que discorre. O rexedor tamén dixo que a Capela da Nosa Señora das Virtudes é o lugar ideal para acoller un acto relevante coma o celebrado este sábado. 

No acto foi nomeado académico da Academia Xacobea Ricardo Gómez Polín, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e estudoso dos Camiños. Os intervintes destacaron o traballo realizado ao longo dos anos sobre o Camiño e puxeron de releve que reúne todos os requisitos necesarios para converterse en novo académico. Gómez Polín recibiu diferentes agasallos de mans de varias directivas da Academia Xacobea co seu presidente, Marcelino Agís, á fronte, e do alcalde ribadense. 

O broche de ouro á xornada púxoo a Coral Polifónica de Ribadeo. 

Á celebración asistiron entre outros, o alcalde de Trabada e o delegado territorial da Xunta en Lugo, ademais doutras autoridades civís e militares. 

Ir o contido