II Certame de Fotografía Igualdade Ribadeo: Mulleres que Inspiran, organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM).

O Salón dos Alcaldes do Concello acolleu hoxe a entrega de premios do II Certame de Fotografía Igualdade Ribadeo: Mulleres que Inspiran, organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM).

Durante o acto fíxose entrega dos premios ás persoas gañadoras desta edición:

Categoría A: A igualdade tamén se adestra, de Ainara Vega Monteserín.

Categoría B: Matriarca, de Carolina Bouso Díaz.

Categoría C: A miña guerreira, de Pablo Martínez Janeiro (Colexio Sagrado Corazón de Jesús).

O xurado, composto por Elisa Vecino Fernández, Cris Andina Barcia e Patricia Pérez López, foi o encargado de valorar as 17 fotografías presentadas.

Dende o Concello e o CIM “agradecemos a participación e felicitamos ás persoas premiadas. Nos vindeiros días daremos a coñecer o espazo de exposición das obras participantes”.

Ir o contido