O Salón dos Alcaldes acolle hoxe unha xornada sobre transformación dixital e intelixencia artificial, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais ISSG e a USC.

O Salón dos Alcaldes acolle hoxe unha xornada sobre transformación dixital e intelixencia artificial, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais ISSG e a USC.

O Salón dos Alcaldes acolle este xoves unha xornada sobre transformación dixital e intelixencia artificial, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais ISSG e a USC. 

No evento os asistentes abordan cuestións como a transformación do mundo do traballo, a detección e medición dos riscos psicosociais na era dixital, o coidado das persoas en entornos dixitais ou o deseño de traballo seguros e saudables na era dixital. 

No acto de inauguración participaron Adela Quinzá-Torroja, xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Roberto Bande, vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo da USC, e Dani Vega, alcalde de Ribadeo. 

O rexedor deulles a benvida aos participantes e animounos a gozar de Ribadeo e dos seus múltiples atractivos ao finalizar esta xornada de traballo ou en datas vindeiras: “aquí recibimos a todo o mundo cos brazos abertos. Estamos encantados de que a casa de todos, este Pazo de Ibáñez, acolla eventos e xornadas de traballo como esta que hoxe se está a celebrar organizada polo ISSGA e pola USC”. 

Ir o contido