O Real Club Náutico de Ribadeo foi escenario este venres do foro de turismo España Verde

O Real Club Náutico de Ribadeo foi escenario este venres do foro de turismo España Verde no que representantes institucionais, expertos e profesionais do sector no norte de España intercambiaron ideas e perspectivas sobre o ámbito turístico.
Medio cento de persoas escoitaron atentamente as reflexións das mesas de debate desenvolvidas ao longo da xornada, que foi inaugurada polo presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández; o alcalde, Dani Vega, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles.
A España Verde, Galicia Calidade e A Mariña como destino foron as ponencias nas que se falou da necesidade de fortalecer a oferta turística, da necesidade dunha colaboración estreita entre o público e o privado e de apostar por un turismo que respecte o territorio e as súas xentes.
Ribadeo converteuse hoxe no protagonista da análise e da promoción dun turismo vinculado á identidade dos destinos do norte peninsular. O alcalde, Dani Vega, agradeceu a participación de todos os poñentes e asistentes ao foro de turismo España Verde, fixo un balance moi positivo do encontro e avogou polo traballo conxunto entre institucións e entidades.

