O punto limpo de Ribadeo estará pechado o 30 de outubro e o 2 de novembro.

O punto limpo de Ribadeo estará pechado o 30 de outubro e o 2 de novembro.

O punto limpo de Ribadeo estará pechado o 30 de outubro por cuestións organizativas. Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “imos reorganizar os contedores de voluminosos grazas a unha subvención, eliminaremos os vellos que se atopan en mal estado e colocaremos dous novos”.

Desde o Concello piden disculpas “polas molestias que se poidan ocasionar durante esa xornada, pero para facer os cambios previstos o punto limpo debe estar pechado”. 

A instalación tamén estará pechada o 2 novembro, debido a celebración de San Martín de Porres. 

Ir o contido