O monte de Santa Cruz loce nova imaxe. Á nova iluminación únese a mellora no pavimento da estrada de baixada. 

O monte de Santa Cruz loce nova imaxe. Á nova iluminación únese a mellora no pavimento da estrada de baixada.

O monte de Santa Cruz loce nova imaxe. Á nova iluminación únese a mellora no pavimento da estrada de baixada. 

O alcalde, Dani Vega, explicou hoxe que “remataron as melloras da iluminación de Santa Cruz, unha inversión financiada 100 % pola Xunta de Galicia. Agradecemos o seu traballo, xa que de non ser así sería imposible levar a cabo toda esta mellora. Creo que o espazo de Santa Cruz, un espazo verde, un espazo natural que debemos conservar, un punto de referencia para todos os ribadenses e desde logo Santa Cruz, que estaba realmente abandonado, pasa a ser un punto de referencia turístico e cultural para Ribadeo”.  

O rexedor dixo que “iluminar Santa Cruz non foi simplemente colocar catro farolas, senón renovar as existentes, colocar algunha máis nalgún punto no que non había e tamén poñer en valor os monumentos. O monumento ao Gaiteiro,  ese monumento que leva anos en Santa Cruz, que quere honrar ao gaiteiro, á música tradicional, un monumento único no mundo feito por Faílde, de Ourense, tamén iluminar a cruz e instalar unha iluminación no miradoiro. Actuamos en tres puntos de referencia claves e fundamentais e tamén melloramos o que ven sendo a iluminación no parque. Estes días nos que acude moita xente a Santa Cruz de noite tamén, onde hai un parque no que os nenos teñen dereito a xogar, evidentemente esa zona ten que estar iluminada”.  

Vega contou que “non só se iluminou o que ven sendo a área recreativa, que estaba todo destrozada, senón que quixemos darlle un valor engadido é dicir poñeren valor os monumentos que hai en Santa Cruz, incluso mellorando a fonte, non só arranxando a fonte, senón tamén iluminando a fonte que hai alí en Santa Cruz”. 

O alcalde ribadense lembrou que “levamos tempo traballando, mellorando este espazo natural, este espazo verde, desde o desmeste, a eliminación de especies invasoras, todo o que se fixo en Santa Cruz, pouco a pouco, porque hai que ir conxugando inversión con captar esa xestión de fondos por parte da Xunta e incluso xa renovando todo o pavimento de saída, a baixada de Santa Cruz que estaba toda destrozada e agora ten un novo pavimento de aglomerado. Son novas inversións en puntos clave, puntos referentes desde un punto de vista cultural e turístico e tamén como sentimento de ribadense o monte de Santa Cruz está hoxe moito mellor e seguiremos traballando e avanzando para que Ribadeo mellore”.

Ir o contido