O investimento, procedente dunha achega da Xunta de Galicia, ascende a 50.000 euros.

110926 Foto pasarela deteriorada Ribadeo

A partir do vindeiro luns darán comezo as obras de mellora das pasarelas e das varandas no entorno da ría de Ribadeo. O investimento, procedente dunha achega da Xunta de Galicia, ascende a 50.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “a partires do luns comezarán as obras da mellora das infraestruturas que están no entorno da ría, as pasarelas, as varandas… en definitiva, todo o equipamento que está no entorno da ría que leva moitos anos sen unha conservación. Moitas veces o dicimos é importante facer, pero é moito máis importante conservar o que hai feito”.

O rexedor contou que “por motivos de seguridade non podemos ser irresponsables e non buscar o orzamento necesario na Xunta para conservar todo o que temos e todas as pasarelas que están no entorno da ría e que chegan ata Rinlo moitas delas están nun estado lamentable”.

Vega subliñou: “a partida máis importante de rehabilitación, e así nos traslada a Xunta o interese de conservar e tamén unha achega económica de preto de 50.000 euros para rehabilitar as varandas e as pasarelas que temos no entorno da ría. A partires do luns a pasarela que está moi pegadiña ao edificio de remo vai estar pechada porque está completamente destrozada. Tanto nas vigas como en todos os soportes que ten esta pasarela, debemos actuar e renovar e así mellorar unha infraestrutura que moita xente utiliza este entorno para facer deporte, para levar unha vida moito máis saudable”.

E engadiu: “o que fixemos foi xestionar o orzamento necesario para investir e así mellorar todo un entorno que debemos coidar”.

Ir o contido