O I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala, na categoría benxamín, terá lugar en Ribadeo o 2 de abril.

O I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala, na categoría benxamín, terá lugar en Ribadeo o 2 de abril.

O vindeiro 2 de abril terá lugar en Ribadeo o I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala na categoría benxamín.

A cita, que se disputará no pavillón municipal, reunirá ao Ribadeo FS, ao Vilalba FS e ao Fonte do Rei. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “serán arredor de 40 xogadores benxamíns os que participen neste I Torneo das Catedrais, como di o lema, o templo onde nacen os campións”.  

O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, Xogade, Xunta de Galicia e Deporte Galego. 

O edil ribadense animou “a pasar un xoves santo diferente gozando do fútbol sala, desas futuras promesas que seguro que chegarán lonxe nun futuro próximo. Desexámoslles a que gocen do torneo e do seu paso por Ribadeo”. 

Ir o contido