O equipo de goberno do Concello de Ribadeo non entende que o BNG votase en contra no pleno celebrado onte para solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo para o saneamento nas parroquias.

O voceira Marta Saiz contou que “o grupo de goberno do Concello de Ribadeo presentou unha emenda de substitución á moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego na que lle solicitaban ao Concello que se dedicaran 100.000 euros do Plan Único ao saneamento no rural. O noso grupo emendou esta moción indicando a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo  para o saneamento, tal e como fan outros Concellos e desta maneira non mermar os presupostos do Concello destinados para melloras nas estradas e no Servizo de Axuda no Fogar”.  

Saiz dixo: “curiosamente esta proposta foi rexeitada polo BNG, e vota non a solicitar conxuntamente un convenio á Deputación de 250.000 euros para o saneamento nas nosas parroquias. É dicir, co seu voto eles dan a entender que o saneamento pouco lles  importa. O interese real está en que o goberno merme a súa capacidade orzamentaria para o arranxo de estradas que total para eles deben estar en perfecto estado ou o que aínda é peor, que se vexa afectado o Servizo de Axuda no Fogar.  Dende logo doutro xeito non se entende o voto negativo, ou lle teñen medo aos seus compañeiros na Deputación ou intentan acorralar dalgunha maneira a este goberno prexudicando aos veciños e veciñas”. 

Para a concelleira popular “mal van, porque se algo ten claro este goberno son as deficiencias, a inversión que se necesita e tamén a xestión para que Ribadeo avance. Home, é que non lle colle na cabeza a ninguén reducir o orzamento propio e por riba reducir o orzamento destinado ao SAF e a o arranxo de estradas, tendo a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario. Realmente, só lle colle na cabeza ao BNG de Ribadeo, porque noutros Concellos veciños, sí firman convenios extraordinarios, que é o normal, si realmente velas polos intereses dos veciños e veciñas, claro”. 

Ir o contido