O Concello ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no XI Ribadeo Indiano.

O Concello ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no XI Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para decorar a nosa vila. A todas aquelas persoas que teñan nas súas fincas privadas palmeiras que precisen podar pedímoslles que se poñan en contacto co número de teléfono das oficinas municipais: 982 120 701 desde hoxe, 30 de xuño, ata o 2 de xullo, e desde o Concello persoal municipal pasará a realizar esas tarefas de poda ao longo dos vindeiros días”.
E engadiu: “queremos agradecer, de antemán, a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo con este evento, que terá lugar do 10 ao 12 de xullo”.

