O Concello mellorará a seguridade na Avenida Ría de Ribadeo sinalizando con liña continua entre as rotondas de Dompiñor e Vilar.

rotanda dompiñor seguridade

O Concello, despois da reunión mantida hoxe con veciños e veciñas da avenida Ría de Ribadeo, acordou pintar unha liña continua desde a rotonda de Dompiñor ata a da área comercial de Vilar co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nesa zona.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “se pintará unha liña continua para primar a seguridade nunha zona na que se producen continuos accidentes, atropelos e retencións de tráfico”.

O rexedor adiantou que “tamén se iluminarán os pasos de peóns e mellorarase a sinalización en todo ese tramo”.

O alcalde mantivo este mediodía na Casa do Concello un encontro con residentes da avenida Ría de Ribadeo para abordar este asunto.