O Concello habilita varios puntos para a recollida das follas de palmeira empregadas para a decoración dos negocios durante o Ribadeo Indiano.

O Concello habilita varios puntos para a recollida das follas de palmeira.

O Concello habilita varios puntos para a recollida das follas de palmeira empregadas para a decoración dos negocios durante o Ribadeo Indiano.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, dixo: “durante todo o día de hoxe agardamos que se vaia retirando a decoración do Ribadeo Indiano. Para a recollida das follas de palmeira empregadas en moitos negocios establecemos varios puntos de recollida: a Praza de José Mª López, a Praza de Abaixo, a carón tamén da Oficina de Turismo Vella e en San Roque a carón dos Cocos. Teñen todo este luns para ir depositándoas nestes lugares e mañá pasaremos desde Medio Ambiente a recoller todas esas follas de palmeira”.

Dos Santos pide “colaboración para que Ribadeo volva á normalidade, ao seu día a día, canto antes. Grazas a todos os negocios pola súa axuda”.

Ir o contido