O Concello de Ribadeo homenaxeou a Mercedes Corbelle Tella con motivo do seu 100 aniversario,

130626 Foto centenaria Ribadeo

O Concello de Ribadeo homenaxeou a Mercedes Corbelle Tella con motivo do seu 100 aniversario, nun acto celebrado no Salón dos Alcaldes.

A centenaria estivo acompañada pola súa familia, pola concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, e polo alcalde, Dani Vega, que quixeron compartir con ela unha data tan especial. Durante o encontro fixéronlle entrega dun ramo de flores como símbolo de respecto, admiración e recoñecemento a toda unha vida.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, indicou: “isto é o bonito de ser concelleira, poder vivir estes momentos coa xente e felicitar a unha nova centenaria no noso concello”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega sinalou que “seguiremos celebrando e conmemorando a todos e todas as ribadenses que vaian cumprindo 100 anos, poñendo en valor a importancia de recoñecer ás persoas maiores como parte fundamental da historia e da identidade de Ribadeo. Son encontros e momentos de celebración, gratitude e homenaxe á vida”.

Ir o contido