O Concello de Ribadeo homenaxeou a Elvira Teijeiro Rodríguez no seu centenario.

O Concello de Ribadeo homenaxeou a Elvira Teijeiro Rodríguez no seu centenario.

O Concello de Ribadeo rendeu unha sentida homenaxe a Elvira Teijeiro Rodríguez con motivo do seu 100 aniversario, nun acto emotivo celebrado no Salón dos Alcaldes.

A centenaria estivo acompañada pola súa familia e achegados, así como polo equipo de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello, que quixeron compartir con ela unha data tan especial. Durante o encontro fixéronlle entrega dun ramo de flores como símbolo de respecto, admiración e recoñecemento a toda unha vida.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, amosouse emocionada durante o acto e destacou que “isto é o bonito de ser concelleira, poder vivir estes momentos coa xente e celebrar a vida dos 100 anos”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega sinalou que “seguiremos celebrando e conmemorando a todos os ribadenses que vaian cumprindo 100 anos, poñendo en valor a importancia de recoñecer ás persoas maiores como parte fundamental da historia e identidade de Ribadeo”. 

O acto desenvolveuse nun ambiente próximo e entrañable, converténdose nun encontro de celebración, gratitude e homenaxe á vida.

Ir o contido