O Concello de Ribadeo celebrou o magosto do programa Preto de Ti en Santa Cruz.

O Concello de Ribadeo celebrou o magosto do programa Preto de Ti en Santa Cruz.

O Programa Preto de Ti do Concello de Ribadeo celebrou hai uns días o tradicional magosto na parroquia de Santa Cruz, nunha tarde de outono moi divertida na que non faltaron os xogos nin as castañas.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, destacou “a boa acollida desta actividade, que nos permitiu gozar dunha xornada de convivencia, xogando ao bingo, compartindo anécdotas e degustando castañas, ao tempo que celebramos o magosto entre todas as parroquias participantes”.

Pola súa parte, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, expresou o seu agradecemento “a todas as persoas que acudiron, porque cada ano hai máis xente e máis parroquias que se animan a participar neste encontro”. Tamén trasladou o seu recoñecemento ao persoal técnico do programa “por facer isto posible e por promover espazos de socialización tan necesarios”.

O Concello de Ribadeo continúa así a súa aposta por actividades que fomenten o reencontro, a vida activa e a participación social en todas as parroquias do municipio.

Ir o contido