O Concello de Ribadeo acolleu hoxe a presentación do Programa Laboral de Inclusión para Persoas con Discapacidade Intelectual.

O Concello de Ribadeo acolleu hoxe a presentación do Programa Laboral de Inclusión para Persoas con Discapacidade Intelectual. Unha rapaza da asociación Síndrome de Down, de Lugo, traballará durante un ano como ordenanza dependente directamente da Alcaldía.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “dentro da colaboración que estamos tendo coa asociación Síndrome de Down de Lugo, esta colaboración entre Concello, Xunta e asociación Síndrome de Down tradúcese en varias acciones. A primeira delas foi un foro onde se analizou, onde se detectaron tamén certas problemáticas que temos que ir solucionando e dando resposta como administración. Nós cumprimos e vamos guionizando certas acciones. A contratación dunha persoa para traballar dentro da Alcaldía no día a día, parécenos dar unha resposta, é dicir a incorporación, a inserción destas persoas que poden perfectamente desempeñar unha labor dentro dunha administración”.

Para o rexedor “o compromiso non debe ser de palabra, senón que debe ser contratar e crer e apostar polas persoas con síndrome de down. E desempeñar o posto de ordenanza durante o período dun ano eu creo que é moi importante. É un proxecto que supón, evidentemente, un avance moi importante para a inclusión real das persoas con discapacidade. Eu creo que será unha compañeira fundamental dentro da igualdade de condicións como calquera persoa que traballa no Concello. Creo que esta é a liña que hai que seguir, a colaboración permanente coa asociación Síndrome de Down e tamén distintas acciones”.

Vega dixo: “primeiro Foro de análise e de debate, agora a contratación dunha persoa e tamén xa anunciamos que vamos preparar un gran evento, un gran acto, días antes da Xira para tamén disfrutar do monte de Santa Cruz. A asociación Síndrome de Down fai un encontro dentro da provincia e elixiron Ribadeo”.

E engadiu: “o compromiso, a colaboración e todo o traballo que estamos tendo conxuntamente, e a Xunta financiando as distintas actividades, creo que este Concello está tendo un compromiso total, un compromiso pola igualdade, pola integración real e en consecuencia un paso moi importante para apostar pola asociación Síndrome de Down de Lugo e todas as persoas que pertencen a ela”.

Ir o contido