O CFEA Pedro Murias acolle este xoves unha xornada na que se analiza o futuro do sector agrícola e gandeiro.

O CFEA Pedro Murias acolle este xoves unha xornada na que se analiza o futuro do sector agrícola e gandeiro.

O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe en Pedro Murias acollemos unha xornada de asesoramento, unha xornada para analizar a situación do sector agrogandeiro. En colaboración coa Xunta de Galicia e tamén o propio Concello queremos achegar toda esta formación, toda esta información, que é necesaria, debater e analizar a situación actual do sector gandeiro, tamén o sector agrícola e os retos, futuro e a sostibilidade”.

Para o rexedor “que veña o xefe de servizo da Subdirección General de Producciones Ganaderas y Cinegéticas do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación pode poñer luz a moitos temas que son fundamentais e retos verdadeiros do futuro. Nestes momentos hai un debate aberto da sostibilidade da nova PAC. Esa posible redución do 23%, que vai afectar, evidentemente, a todo o sector. Tamén a subdirectora xeral de Xestión da PAC, da propia Consellería de Medio Rural, vai poñer negro sobre o branco un análise detallado da situación. Despois vai haber tamén un espazo networking de análise, de exposición, de infografías, de proxectos relacionados con esta temática”.

Vega considera que “é bo seguir analizando o sector co propio sector, tamén houbo un análise sobre os resultados da pegada de carbono e quince explotacións foron un campo de ensaio para a recollida de datos e así empezar tamén a investigar e a analizar”.

O alcalde engadiu: “Pedro Murías, que levaba moitísimo tempo nunha situación que ás veces ou habitualmente non era recomendable, xa estamos traballando conxuntamente a Xunta e o Concello neste centro e agradecer á dirección de Pedro Murías, que estea acollendo debates importantes, tamén analizando o propio sector e ser un verdadeiro centro de investigación, de formación, e de análise para o futuro do sector”.

Ir o contido