O Camiño Norte Fest, que tivo lugar o pasado xoves, contou coa instalación do primeiro Punto Violeta do ano en Ribadeo.

O Camiño Norte Fest, que tivo lugar o pasado xoves, contou coa instalación do primeiro Punto Violeta do ano en Ribadeo.
Dende a Área de Igualdade indicaron que “a Comisión de Festas de Ribadeo organizou o Camiño Norte Fest, enchendo o noso concello de música e ambiente. E dende a Área de Igualdade queremos destacar que este evento acolleu a instalación do primeiro Punto Violeta do ano en Ribadeo”.
E subliñaron: “os Puntos Violetas son espazos de información, sensibilización e atención fronte ás violencias machistas, nos que se ofrece apoio e recursos ante calquera situación de acoso ou agresión. Porque gozar da música e do lecer tamén significa facelo en igualdade, con respecto e en espazos seguros para todas e todos”.

