O alcalde, Dani Vega, xestiona melloras na iluminación do paseo marítimo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e no treito comprendido entre O Cargadeiro e a Illa Pancha.

O alcalde, Dani Vega, xestiona melloras na iluminación do paseo marítimo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e no treito comprendido entre O Cargadeiro e a Illa Pancha.
O rexedor declarou: “seguimos xestionando orzamento para Ribadeo, neste caso coa reunión que mantivemos coa conselleira de Economía e Industria. Fixémoslle un plantexamento de mellora de toda a iluminación da zona portuaria, o que é competencia directa do Concello, que son as luminarias do paseo marítimo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”.
Vega explicou que “vamos actuar no que ven sendo a mellora da luminaria, non do brazo da farola que está en perfectas condicións, o que debemos é mellorar a eficiencia enerxética e tamén unha mellora da iluminación. É un proxecto que presentamos na Consellería de Economía e Industria, e tamén falamos de mellorar toda a iluminación, baixo os parámetros de eficiencia enerxética na zona dende O Cargadeiro ata a Illa Pancha. Polo tanto, estamos diante dun plantexamento de seguir mellorando a iluminación, baixos os parámetros de eficiencia enerxética, seguir mellorando espazos que levan moitos anos abandonados e seguir firmando convenios para que Ribadeo siga avanzando”.
O alcalde ribadense tivo palabras e agradecemento para María Jesús Lorenzana: “agradecémoslle moito á conselleira esa atención, unha resposta inmediata a unha reunión que se plantexa por parte do Concello e a proposta, evidentemente, son preto de 140.000 euros. Vamos ver qué parte pon a Xunta e tamén vamos ter que orzamentar por parte do Concello. Vamos intentar que sexa o menos posible, vamos ver se entra tamén outro organismo, concretamente da Xunta, pero doutra Consellería. O plantexamento foi onte á Consellería de Economía e Industria e de aí vai nacer un convenio que vai favorecer a Ribadeo outra vez máis”.

