O alcalde, Dani Vega, fai un balance moi positivo do traballo realizado por Ribadeo ao longo destes días en Fitur.  

O alcalde, Dani Vega, fai un balance moi positivo do traballo realizado por Ribadeo ao longo destes días en Fitur.

O alcalde, Dani Vega, fai un balance moi positivo do traballo realizado por Ribadeo ao longo destes días en Fitur.  

O rexedor dixo: “última xornada de traballo aquí en Fitur, onde establecemos contactos co sector turístico, que é fundamental para seguir traballando nese turismo de calidade.  Mantivemos reunións estes días que, como fixemos tamén o ano pasado, despois vense os froitos. Aproveitamos para promocionar o que temos, para divulgar o que somos, esa cultura viva presente, explicamos o que é Ribadeo, esa cultura permanente, ese turismo de calidade, ese recuncho no que a harmonía é perfecta co descanso e eu creo que debemos seguir nesa liña”.  

Vega manifestou: “esa promoción, conxuntamente coa Mariña, que nosoutros xa hai dous anos quixemos poñer en valor as Canouras, esas persoas que facían os baños en setembro. Dende hai dous anos Ribadeo ven facendo esa actividade,  con moita humildade, con moita responsabilidade, pero sempre poñendo en valor o que facían outras mulleres, que entendemos que poden ser un exemplo, tamén para convivir cos espazos naturais que temos en Ribadeo, e poñemos en valor a praia do Cargadeiro, que é un espazo magnífico, no que moitas persoas se bañan alía durante todo ano”. 

O alcalde seguiu a relatar desde Fitur: “tamén eses espazos naturais que fomos recuperando durante estes anos, explicamos todo o que é Ribadeo. Hoxe tivemos un encontro co presidente da Xunta para agradecer a todas as Corporacións o traballo que fixeron durante estes anos. Ribadeo é  turismo e evidentemente iso non se consigue en dous anos. Ribadeo é turismo porque cada unha das Corporacións fixo todo o posible para dinamizar e para potenciar o Ribadeo de descanso, o Ribadeo con vida todo ano, en definitiva ese Ribadeo de calidade, ese turismo de calidade que queremos. Agradecer que desde 1999, cando entrou o primeiro cartel promocional da praia das Catedrais aquí en Fitur, hoxe lembrámolo e agradecémoslle ao presidente da Xunta que se unira a ese agradecemento para todas as Corporacións e tamén a todo o sector turístico de Ribadeo, todos os profesionais,  todo o sector que foi medrando, que foi mellorando e que se foi profesionalizando. Entre todos creo que fixemos un bo traballo. Tamén grazas a Acisa por toda a colaboración permanente que tivemos estes días e durante todo ano, evidentemente”.

Dani Vega subliñou que “Ribadeo deixou o pavillón alto,  quedou unha boa imaxe, como é habitual de Ribadeo, e seguiremos traballando para que Ribadeo avance”.

Ir o contido