O acordo acadado pola Xunta e pola Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar suporá un aforro moi importante para as contas municipais de Ribadeo.

O acordo acadado pola Xunta e pola Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar suporá un aforro moi importante para as contas municipais de Ribadeo.

O acordo acadado pola Xunta e pola Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar suporá un aforro moi importante para as contas municipais de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, valórao de xeito moi positivo. 

O rexedor manifestou: “valoramos positivamente o acordo qao que chegaron a Xunta e a Fegamp, porque é un beneficio directo para os municipios. O Servizo de Axuda no Fogar asfixia economicamente as contas de calquera Concello. É un servizo fundamental que tiñamos que prestar e temos que seguir prestando desde os Concellos, pero sendo todos coñecedores e conscientes, de que non é unha competencia municipal,  pero a obriga é dar o servizo, a obriga é atender a persoa. Nos estabamos nestes momentos cunha achega da Xunta de Galicia e o que aporta a persoa, o usuario, e o que paga o Concello”.

Vega dixo que “iso dentro do orzamento é unha contía moi importante. Son máis de 800.000 euros que nestes momentos,  entre esas tres patas, a persoa-usuario, Concello e Xunta son os que financian.  Evidentemente había que tomar unha decisión. Eu felicito á conselleira de Política Social, a Fabiola García, porque cando hai un espírito de facer as cousas, cando hai vontade verdadeira de solucionar os problemas, evidentemente hai que felicitar a esa persoa, tamén hai que felicitar ao presidente da Fegamp porque o acordo é un beneficio directo ás contas de calquera Concello, non soamente de Ribadeo, pero a min como responsable deste Concello tócame valorar este gran acordo e evidentemente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, porque estase chegando a acordos con todos os Concellos, en beneficio directo dos servizos que están prestando desde as administracións locais”. 

O alcalde explicou que “o Concello de Ribadeo, como o resto, se vai a beneficiar dun gran acordo.  Neste período 2026 con esa achega da Xunta de 16 euros, o servizo cústanos 21, vamos ter un aforro nas contas municipais de 144.000 euros. É  un paso moi importante. No 2027 a achega da Xunta será 17 euros e o servizo seguiranos custando 21 e o aforro será de 180.000 euros e no 2028 a achega será de 18 euros e teremos un aforro de 216.000 euros. Esa asfixia que estaba tendo o Servizo de Axuda no Fogar, non sendo competencia dos Concellos que estamos prestando e vamos seguir e vamos facelo entre todos, mellorando este servizo, eu creo que é un acordo que libera economicamente aos Concellos”. 

Para Vega “cando as cousas se fan ben, cando hai unha vontade desde o inicio  de cumprir en beneficio dos veciños e das veciñas,  evidentemente hai que felicitarnos todos. En primeiro lugar á Consellería, á Xunta e tamén á Fegamp e aos Concellos de todo Galicia, porque eu creo que se deu un paso fundamental que levabamos esperando moito tempo e agora cumpriuse”.

Ir o contido