Este vindeiro domingo Groovy Shakers acturarán no porto de Porcillán a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.

Volta o Domingueo en Ribadeo, que se desenvolverá desde este domingo, 19 de abril, con actuacións musicais durante seis mediodías dominicais.

O Domingueo en Ribadeo continuará tamén os días 14 de xuño e 5 de xullo.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que van atopar os domingos ou calquera outra xornada. Coa chegada da primavera a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo paseando, mercando, tomando algo nunha terraza e escoitando boa música nesta ocasión no porto ribadense”.

Ir o contido