O 5 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.

domingueo_ribadeo_21abril

Este vindeiro domingo o grupo Los Mendezcatos actuará a partires das 13:00 horas nas inmediacións da Praza de Abastos para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.

A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.