O 31 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.

Volta o Domingueo en Ribadeo, que se desenvolverá desde este domingo, 19 de abril, con actuacións musicais durante seis mediodías dominicais.

O 31 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. 

Este vindeiro domingo La Indirigible actuará na rúa Virxe do Camiño a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila. 

O Domingueo en Ribadeo continuará tamén os días 7 e 14 de xuño por diferentes localizacións da vila. E rematará o 5 de xullo no Cantón co concerto aprazado hai unhas semanas por mor da chuvia. 

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que van atopar os domingos ou calquera outra xornada. Coa chegada da primavera a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo paseando, mercando, tomando algo nunha terraza e escoitando boa música”.

Ir o contido